A subdelegada repasou as diferentes tarefas que se acometerán durante a xornada electoral, que comprende desde a comprobación dos locais de votación ata a seguridade en todas as fases do proceso
Lugo, 24 de abril de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe unha xuntanza na que se ultimaron os preparativos para a celebración da xornada electoral do próximo 28 de maio, reunión na que participaron o secretario e visecretario xeneral da Subdelegación do Goberno en Lugo. Rodríguez repasou esta mañá as diferentes tarefas que se acometerán durante ese día que comprende desde a comprobación dos locais de votación, a seguridade de todas as fases do proceso e a dotación de medios materiais, pasando pola transmisión da información oficial de apertura e peche de mesas, participación, escrutinio e transmisión dos resultados.
A subdelegada lembrou que o despregamento humano que realiza a Subdelegación na provincia resulta crucial para o óptimo desenvolvemento do proceso electoral. Desde o soporte loxístico necesario para o exercicio do voto ata a transmisión de datos de participación e escrutinio o día das eleccións.
Neste senso, Isabel Rodríguez avanzou que os representantes da Administración formarán parte dun amplo dispositivo de persoas que se mobilizarán ese día para garantir o exercicio do dereito ao voto dos 270.274 lucenses convocados ese domingo a elixir aos concelleiros e concelleiras que os representarán nos seus municipios.
Concretamente, 406 persoas actuarán como representantes da Administración e ocuparanse de verificar a correcta apertura das mesas, resolver posibles incidencias e recoller os datos do reconto do voto cando pechen as mesas.
Da seguridade da xornada electoral, a subdelegada informou que se ocuparán 1.012 axentes da Garda Civil e a Policía Nacional, que contarán co apoio das Policías Locais de Lugo, Viveiro, Ribadeo, Foz, Burela, Vilalba, Chantada, Guitiriz, Cervo, Sarria e Palas de Rei, así como da Policía Autonómica.
Nas eleccións xerais do 28 de maio están chamadas a votar na provincia de Lugo 270.274 persoas, das que 269.101 son residentes nos 67 concellos e 1.173 residen no exterior. Respecto da loxística preparada para a celebración das eleccións, na provincia haberá un total de 401 locais electorais nos que se distribuirán as 533 mesas de votación.
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



