Ribadeo, 5 de abril de 2023. Á Area de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro gratuíto de Muller e Saúde en colaboración coa Escola Galega de Saúde. Será o 26 de abril.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro terá lugar na Casa do Viejo Pancho o 26 de abril en horario de 16.30 a 20.30 horas”.
A edil ribadense indica que “os obxectivos do obradoiro pasan por mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino. Durante a xornada falarase de menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio”.
Freire Rancaño engade que “a formación estará ao cargo de Cristina Ouro Nuñez, matrona do Complexo Hospitalario de Lugo, que entre outras cousas, incidirá na importancia de realizar os controis periódicos de saúde que se recomendan segundo a súa idade, algo que resulta fundamental para a detección precoz de enfermidades (revisións xinecolóxicas, cribado de cancro de mama, etc.)”.
O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de abril e a s mulleres interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM (á dirección electrónica: cim@ribadeo.org), chamando ao telefono 982120739 ou na web da Escola Galega de Saúde.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



