Os populares din que “o sentido da festa do berberecho era desestacionala das datas nas que hai máis xente e agora métese pouco despois da Semana Santa, xa na primavera, cando xa hai xente en Foz”
Foz, 3 de abril de 2023. Dende que tomou posesión do cargo, o alcalde, o socialista Fran Cajoto, deixou moi claro que conceptos como planificación, organización e previsión son totalmente alleos a el. Son moitos os problemas que xerou por elo. A concelleira popular Verónica Soto asegura que “agora asistimos a outro fracaso absoluto de organización, a outro monumento á improvisación que non ten parangón na nosa localidade, nin noutra: a queima do Entroido na Semana Santa”.
Soto sinala: “A verdade é que o deste equipo de goberno é un caso a estudar. Unha vez máis, o alcalde consigue provocar o malestar de moita xente, que non seu día viu como non se queimaba o Entroido na súa data, sen ter ningunha razón. Traer este acto á Semana Santa denota a falta absoluta de plan e de organización mínima”.
A mesma concelleira considera que “outra proba máis de que este goberno improvisa é a decisión de traer a festa do chícaro, a festa do berberecho ao mes de abril”. Nesta liña, di: “Estas tonterías son moi prexudiciais para Foz. O sentido da festa do berberecho era desestacionala das datas nas que hai máis xente e agora métese pouco despois da Semana Santa, xa na primavera, cando xa hai xente en Foz. Por riba fáiselle un evento do Combo Dominicano, que vai totalmente en contra da tradición desta festa”.
Os populares descoñecen “cales son os intereses que moven ao equipo de goberno a cambiar as tradicións do noso pobo, a cambiar as datas no Entroido, as datas da festa do chícaro, pero é un absoluto fracaso”. En todo caso, o PP anuncia que “cando goberne seguirá coas datas nas que se celebraron sempre”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



