Nos dous casos, o tráfico de vehículos é intenso e a falta de beirarrúas nalgúns tramos compromete a seguridade dos peóns
Lugo, 26 abril 2023. No último pleno ordinario da Deputación de Lugo, a petición do PP de Foz, o grupo provincial popular defendeu unha iniciativa para que se instalen uns lombos nas dúas entradas á vila para mellorar a seguridade do tráfico, especialmente a dos peóns. Nos dous casos, as estradas son da Deputación.
O portavoz popular en Foz e na Deputación, Javier Castiñeira, explica: “Nos barrios de Vilaxoane e de Marzán, as asociacións de veciños coinciden en considerar prioritaria a seguridade vial e demandan a instalación de lombos, para forzar aos vehículos a reducir a velocidade. Por Vilaxoane descorre a LU-P 2001 (comunica Vilaxoane con San Martiño de Mondoñedo) e os veciños queren un lombo á altura da capela de San Blas, porque é un tramo perigoso, sen beirarrúas. Por outro lado, os veciños de Marzán piden lombos de seguridade regulamentarios á altura do seu local social na estrada LU-P 2009 (vai dende o cruce de Marzán ata o Bispo Santo)”.
Castiñeira aclara que as dúas estradas comunican o centro urbano coa basílica de San Martiño e teñen bastante tráfico rodado e peonil. Explica que o PP tramitou a petición dos veciños como un rogo na Deputación de Lugo, que se viu na más recente sesión plenaria da corporación provincial. Esta iniciativa foi defendida polos populares “a petición dos veciños, despois das reunións que o PP de Foz mantivo cos colectivos de todo o concello”.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



