Trabada, 23 de abril de 2023. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, puxo este domingo en valor a “presenza contundente” que están a ter os socialistas no eido local ante a cita do 28M, a base de despregar nos concellos “un discurso moi pegado á defensa dos servizos de protección social”, pero tamén de estímulo ao emprego e e ao tecido económico e industrial.
Formoso participou en Trabada, Lugo, na presentación da candidatura de Mayra García Bermúdez para a reelección como alcaldesa. Referiuse a ela como unha dirixente “moi capaz e competente”, que soubo afrontar as ameazas de despoboamento, falta de servizos e de emprego que están a ter moitas localidades das zonas rurais de Galicia.
Salientou tamén os esforzos feitos pola alcaldesa socialista para levar servizos esenciais de conciliación ou transporte a todo o municipio, así como a residencia de maiores creada no concello da man da Deputación de Lugo e sen apoio algún da Xunta.
“Aquí a Xunta só vén a facer dano”, recriminou Formoso, “vén a intentar pechar Alcoa”, en contra do “sentido común” aportado polos traballadores que chegaron a un acordo co Ministerio de Industria para reabrir no 2024 unha planta da que depende unha parte importante ds riqueza da provincia de Lugo.
Na presentación tamén interviu Besteiro, o delegado do goberno en Galicia, que lembrou a aquela “pícara” que hai oito anos se alzou coa alcaldía de Trabada pedindo a construción dunha residencia de maiores por parte da Deputación de Lugo gobernara quen gobernara despois das eleccións. “Iso é o que nos diferencia a nós do PP”, sinalou Besteiro, quen concluíu que “cando se coñece como se traballa no Partido Socialista, un acaba namorándose do Partido Socialista”.
A Alcaldesa de Trabada e candidata, Mayra García lembrou na súa intervención a situación do Concello cando chegou a Alcaldía. “Herdamos un Concello cunha rede de estradas intransitable e moi deteriorada, con inmobles nos que chovía dentro e no que apenas se facían obras. Tampouco se realizaban actividades lúdicas, nin para os máis pequenos, nin para os maiores. Un Concello sen ningún servizo público municipal, porque Trabada lles pertencía a eles, e si tamén, un Concello sen un céntimo”.
Explicou que, tralo impulso de políticas progresistas as tornas cambiaron no Concello de Trabada. “Agora xa aparecemos no mapa, nestes intres o noso concello lidera o primeiro Índice de Desenvolvemento Rural Sostible de Galicia, tal e como sinalan os estudos das Universidades de Santiago e A Coruña. E fixémolo poñendo en marcha propostas como o punto de atención á infancia, así como diferentes programas de conciliación que antes non existían”, sinalou Mayra García.
“Polo tanto, os datos evidencian que hai dous modelos ben diferenciados de xestionar os recursos públicos en Trabada. O modelo do Partido Popular, de abandono e desidia e o modelo do Partido Socialista de traballo e xestión que como resultado ten a obtención de máis recursos que permiten, por unha banda, prestar servizos de calidade aos nosos veciños e por outra mellorar infraestruturas e inmobles. Pero todo isto non podo facelo soa, para iso rodeeime dun equipo de persoas que me aportan e que me apoian. Somos un equipo de 9 mulleres e 2 homes con ganas de seguir traballando e non primar os intereses individuais como moitos dos que van na lista do PP”, remarcou a rexedora.
“Quero ser Alcaldesa para traballar, para mellorar o noso pobo, con humildade e con respecto. E desta forma, os socialistas queremos seguir traballando para que Trabada teña máis recursos, poñéndolle corazón ao que facemos, nesa búsqueda constante para mellorar, porque cando traballamos con amor, nótase. Porque temos proxecto, forza e ganas para seguir traballando por Trabada, pídovos o voso apoio para seguir xestionando e que se siga vendo cada euro que conseguimos en beneficio do noso pobo”, dixo .





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



