Ribadeo, 17 de abril de 2023. Os socialistas ribadenses incluirán no programa de goberno co que concorrerán ás eleccións municipais do 28 de maio propostas para mellorar as comunicacións da zona rural do concello, con obras como as que está executando agora a Deputación de Lugo na estrada LU-P-5204, que é a vía que comunica os concellos de Ribadeo e Trabada pasando por Arante. Esta parroquia foi visitada hoxe pola candidata á Alcaldía ribadense do PSdeG-PSOE, Marta Rey, e o número 2 da lista, Víctor López, que destacaron as numerosas e importantes achegas ao municipio ribadense do goberno da Deputación de Lugo que preside o socialista José Tomé. Outro dos moitos exemplos disto é a mellora da estrada LU-P-5202, que vai da vila ata o Alto dos Pinos por Vilaselán e que foi licitada pola xunta de goberno do organismo provincial este pasado venres cun investimento de 135.000 euros.
Marta Rey e Víctor López avanzaron que no programa de goberno dos socialistas contemplarase “continuar mellorado a rede viaria rural porque é algo moi importante para a poboación que reside nas parroquias ribadenses, que debemos intentar que se manteña ou incluso que se incremente con novos habitantes porque ten moitos atractivos e é un bo lugar para vivir. Pero para iso as comunicacións son fundamentais e é moi importante que estean en boas condicións os viarios municipais e tamén os que son titularidade doutras administracións. Con este obxectivo imos seguir traballando no vindeiro mandato municipal e esperamos facelo desde o goberno do Concello”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



