Podemos preséntase por primeira vez ás eleccións en Viveiro coa escolta como un dos seus eixos principais
Viveiro, 27 de abril, 2023. O candidato á alcaldía de Podemos Viveiro, Roberto Yáñez e o número dous, Carlos Alberto Gueimunde, están a percorrer Viveiro e reuníndose con asociacións e colectivos para saber “que podemos facer polo pobo e as súas veciñas/os”. Roberto Yáñez e Carlos Gueimunde reuníronse no día de onte, 26 de abril, coa veciñanza de Xunqueira, co fin de recoller as necesidades e melloras que consideran prioritarias para elas/es.
¿Qué podemos facer por ti?. É a pregunta que se fai a formación morada.
“As veciñas/os de Xunqueira trasladaron as súas demandas ás que nos unimos como unhas veciñas máis que só buscan ter o mellor proxecto para a nosa vila”, indica o candidato á alcaldía por Podemos, Roberto Yáñez. Durante a xuntanza tratáronse temas tan importantes como o arranxo dos danos ocasionados pola riada, a falta de limpeza da zona en xeral, o mal estado das beirarrúas e os perigos que iso entraña, regular a zona de aparcamento, o arranxo e coidado do campo da festa, entre outros moitos temas que preocupan ás súas veciñas/os.
O candidato á alcaldía de Podemos,Roberto Yáñez, considera que “estas reunións facilitan a participación das veciñas/os porque teñen a opción de facer chegar as súas demandas, e así continuar traballando xunto aos colectivos e asociacións por e para o noso pobo”.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



