Ribadeo, 10 de abril de 2023. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, fai un balance moi positivo da Semana Santa. A ocupación hoteleira roldou o 100% de xoves a sábado e entre o 80 e o 85% o resto de días. Preto de 4.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Ribadeo e polo punto de información das Catedrais. As Xeorutas e as visitas guiadas, organizadas polo Concello, colgaron o cartel de completas.
O edil ribadense subliñou que “Ribadeo estivo a tope de xente e de turistas durante esta Semana Santa. E unha da súas imaxes foi a da praia das Catedrais ateigada de xente, de feito durante tres días consecutivos colgou o cartel de completo. E tamén as rúas e os establecementos de Ribadeo rexistraron unha grande afluencia todos estes días”.
Vizoso Galdo indicou que “deste xeito a oficina de turismo do centro de Ribadeo, recibiu durante a Semana Santa uns 1.142 visitantes. O día de mais afluencia foi o venres, 7 de abril, data na que pasaron unhas 224 persoas e o xoves 6 cun rexistro de 205 persoas. Ao Punto de Información Turístico da praia das Catedrais acudiron 2.827 persoas a realizar consultas. Os días de maior afluencia foron o venres 7 (con 721 persoas), xoves 6 (con 579 persoas) e o sábado 8 (con 464 persoas). En total unhas 4.000 persoas solicitaron información nas nosas instalacións durante este período que vai do 31 de marzo ao 9 de abril, durante o cal as dúas oficinas estiveron abertas de maneira continuada”.
O concelleiro de Turismo contou que “a ocupación xeral de Ribadeo nos días centrais de Semana Santa roldou o 100%, o que supón unha cifra realmente histórica. Hai que destacar que aínda que a maior parte das visitas e das estancias se concentraron de xoves a domingo, tamén se experimentou unha elevada afluencia os días anteriores que non son festivos, o que demostra o atractivo de Ribadeo e que continúa a consolidarse como referente turístico da Cornixa Cantábrica galega”.
Pablo Vizoso seguiu a relatar que “coma nos anos anteriores, nestas datas a maior parte do turismo é de procedencia do resto do Estado, supoñendo entorno a un 92%. Si analizamos mais en detalle a orixe dos nosos visitantes podemos indicar que a maioría chegan desde Madrid, seguidos de Euskadi, Castela-León e Galicia. E polo que se refire ao turismo internacional está liderado por franceses na oficina do centro da vila e por alemáns na praia das Catedrais cun total de 211 visitantes estranxeiros entre ambas”.
O edil nacionalista dixo que “en canto á modalidade de viaxe, sobresaen os que o fan en parella ou en unidades familiares compostas por 3 ou 4 membros desprazándose no seu propio vehículo. No tocante ao Camiño de Santiago a Semana Santa supón a primeira fronteira da tempada alta e polo tanto vese incrementada a afluencia de peregrinos. Así ao chegar o Xoves Santo os albergues percibiron unha maior intensidade de paso de peregrinos do mesmo xeito que o experimentou o resto do sector turístico”.
Sobre a ocupación hoteleira indicou que “despois da consulta realizada entre os establecementos hostaleiros podemos estimar que a ocupación hoteleira durante os días centrais da Semana Santa roldou o 100% (xoves, venres e sábado) e durante o resto da semana se situou entre o 80% e o 85%. Con respecto ás Catedrais o Punto de Información Turística do Concello segue a ser interpretado como o punto de control de acceso á praia por ser a infraestrutura con función informativa máis visible do lugar. A praia esgotou as autorizacións o xoves, o venres e o sábado. E o domingo quedaron libres tan só arredor de 900 prazas”.
Vizoso Galdo engadiu que “o Concello de Ribadeo organizou unha serie de actividades moi intensas durante esta Semana Santa, entre as que destacan as visitas guiadas polo Ribadeo Indiano e polo Ribadeo Ilustrado, que se completaron todos os días, e as Xeorutas dos Ollos e das Ría tamén colgaron o cartel de completo”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


