Burela, 3 de abril de 2023. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha valoración moi positiva da viaxe a Tarifa para estreitar lazos con esta cidade andaluza e para facer promoción do bonito e de Burela.
No acto desenvolvido o sábado os dous rexedores, o de Tarifa, Francisco Ruíz, e o burelés, Alfredo Llano, destacaron o compromiso de ambos concellos para visibilizar a importancia do sector pesqueiro. O atún vermello e o bonito de Burela foron os protagonistas da xornada na que houbo tempo para saborear as exquisitas preparacións realizadas por Alfonso Burgos, chef e propietario do restaurante tarifeño Santai, como Matrimonio de atún rojo y bonito de Burela ou Bonito de Burela en tomate de polea y salsa Kemakulo, entre outras.
Ao encontro asistiron o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González, o presidente da tarifeña OPP78, Manuel Suárez, así como as cronistas oficiais de Burela e de Tarifa, Herminia Pernas e Candelaria Muñoz.
Llano sinalou esta tarde que “estamos moi satisfeitos, porque foi unha entrega total do Concello de Tarifa coa delegación de Burela que nos desprazamos ata alí. Foron unha organización, unha atención e o lugar elixido para a celebración deste acto idóneos”. E subliñou que “houbo moita xente vendo esta presentación da Feira do Bonito, representantes do mundo do mar e da pesca. Todo transcorreu moi ben”.
O rexedor burelés contou que “os dous alcaldes referímonos á importancia do sector náutico pesqueiro, á importancia do peixe como alimentación de grande calidade e fixemos unha defensa clara da pesca para que siga sendo unha actividade tanto laboral, como cultural, como económica ou de aporte de nutrientes para a poboación”.
Alfredo Llano aposta por manter este tipo de encontros e de eventos: “alí conseguimos o compromiso de moita xente para que viaxe a Burela, gustoulles o bonito, amosaron interese e iso quere dicir que calou perfectamente a idea do que representa para nos o príncipe azul, como se pesca e como se prepara na nosa vila”.
O alcalde de Burela agradece o recibimento que lles dispensaron en Tarifa: “unha vez rematados os actos oficiais puxeron á nosa disposición unha guía para que nos explicase a historia de Tarifa. Encontros coma este merecen moito a pena. Burela saíu moi beneficiada porque en toda esa zona de Andalucía xa se escoito falar de nós e do bonito”.
Ata Burela viaxou unha delegación de 23 persoas, entre as que se atopan varios xubilados de A Moncloa. Mañá, martes, está previsto que estean de volta.





















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



