O vindeiro sábado, 29 de abril ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Manuel Lourenzo, escenificarase a obra de Teatro: “Menciñeiro á Forza” a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa. A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario. Sinopse: Un matrimonio que sempre anda á porfía. Como ela está un pouco cansa da actitude do seu marido, maquina unha vinganza: facerlles crer que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla. A entrada é de balde.
Teatro no Valadouro con “Menciñeiro á Forza” do grupo Os Pícaros de Lagoa
Teatro no Valadouro con “Menciñeiro á Forza” do grupo Os Pícaros de Lagoa
Relacionado
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Lugo, de 40 anos de idade, como suposto autor dun delito de furto no Valadouro
-
A mobilización veciñal fai que O Valadouro recupere un dos dous médicos que lle corresponden ao centro de saúde
-
A Xunta ofrece no verán unha oferta cultural diversa que chegará a 10 concellos da Mariña