Viveiro, 10 de maio de 2023. O Concello de Viveiro anuncia unha das iniciativas que levará a cabo co gallo do Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro mércores, día 17, e que este ano rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego.
A axenda cultural da vila mariñá sempre inclúe nesta data unha ampla oferta de actividades e propostas para todas as idades, que comeza xa dende o luns cun xesto de agradecemento a todos aqueles viveirenses e viveirensas que fan uso da Biblioteca Municipal.
O concello quere recoñecer o labor dos seus usuarios e usuarios, consumidores habituais de literatura, moita dela en galego, cunha bolsa que inclúe a lenda: “Orgullo de ser Galeg@s e de Viveiro”.
“Estamos moi satisfeitos do labor que se fai dende a Biblioteca Municipal para achegar á cultura a todas as casas da vila”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Dende o día 15, e ata esgotar existencias, todos os socios e socias da Biblioteca recibirán esta bolsa conmemorativa do Día das Letras Galegas, unha por abonado e abonada e totalmente de balde. Tamén recibirán o agasallo as novas altas.
“Queriamos poñer en marcha esta iniciativa a prol dos nosos usuarios e usuarias porque para nós é moi importante agradecerlles todo o apoio que nos brindan ao longo do ano e o viva que manteñen a Biblioteca”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
“Agardamos que as persoas que van a Biblioteca desfruten deste agasallo e que os novos usuarios e usuarias desfruten das súas marabillosas instalacións”, engade a concelleira, que adianta que en breve se dará a coñecer o resto da programación do Día das Letras Galegas, “que como sempre virá cargada de música, letras e teatro”.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



