Emprendeu un intento de fuga tras comunicarlle unha patrulla da Garda Civil que non facía uso do cinto de seguridade. Procedeuse ao comiso cautelar do vehículo
Viveiro, 19 de maio, 2023. A Garda Civil observou á altura do quilómetro 0 da LU-P-6601, termo municipal de Viveiro, a circulación dun turismo cuxo condutor e único ocupante non facía uso do cinto de seguridade.
Efectuadas indicacións regulamentarias para que o condutor detivese o vehículo, este inicialmente fixo caso omiso continuando a condución a baixa velocidade para finalmente deterse. Cando un dos compoñentes da patrulla baixouse do vehículo oficial ao obxecto de proceder á identificación do condutor, este inicia novamente a marcha, esta vez a gran velocidade.
O condutor do turismo facía caso omiso aos sinais de deterse novamente, aumentando perigosamente a velocidade, e efectuando numerosas manobras perigosas, nunha zona con afluencia de viandantes e outros vehículos.
Ao obxecto de non agravar o perigo da situación desístese no seguimento do vehículo, iniciándose de inmediato as xestións para a correcta identificación e localización do condutor.
As pescudas efectuadas culminaron coa identificación do condutor do vehículo polos feitos descritos, que resultou ser un veciño de Viveiro de 25 anos de idade, quen foi investigado pola comisión dun delito contra a seguridade viaria por condución temeraria.
Paralelamente, procedeuse ao comiso do vehículo, dado que a lexislación vixente permite a intervención dos vehículos utilizados na comisión de delitos contra a seguridade viaria, cando se observe multirreincidencia na comisión delitos tipificados nos artigos 379 e 384 (excesos de velocidade, condución baixo os efectos de alcol ou drogas e condución sen permiso de con perda de puntos ou privación xudicial do mesmo), e mesmo con carácter excepcional, como no presente caso, nos supostos da comisión dun único delito cando as taxas, influencia ou exceso sexa de extraordinaria gravidade e xeradoras dun intenso perigo. Así mesmo, esta medida, pode levar a cabo naqueles casos de condución manifestamente temeraria, como as carreiras ilegais.
Os vehículos comisados, se a Autoridade Xudicial así o determina, poden ser adxudicados á Administración do Estado, ou noutros casos, entregados nun centro autorizado de tratamento de vehículos para o achatarramiento dos mesmos.
A Garda Civil lembra que a condución dun vehículo de motor ou ciclomotor con temeridade manifesta e poñendo en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas está castigado no Código penal coas penas de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata seis anos.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



