Burela, 9 de maio, 2023. A empresa Urbaser e a representante sindical da plantilla (da CIG) levan meses, dende novembro, negociando un novo convenio que regule as súas condicións de traballo na Limpeza Viaria, Recollida do Lixo, xestión do Punto Limpo e Limpeza de Praias do Concello de Burela.
O convenio que rexía para esta actividade decaeu no 2011 logo de que representacións sindicais anteriores non negociasen un novo e ao non ter este cláusula de ultraactividade. Para Vanessa Prieto, delegada da CIG, “é obvio que esta situación non é a desexable, en primeiro lugar porque temos un vacío legal, e mesmo hai traballadores/as de primeira e outras/os de segunda no sentido que algúns, como persoal subrogado de anteriores empresas, temos dereitos dese antigo convenio consolidados e o persoal con menos antigüidade ten só os do estatatuto dos traballadores, e en segundo porque na práctica esta situación tamén supuxo que teñamos os salarios practicamente conxelados dende o 2011. Por iso o obxectivo cando me presentei ás eleccións sindicais era claro, volver a ter convenio colectivo, recuperar dereitos e recuperar cando menos parte do poder adquisitivo perdido”.
Nese senso en novembro do ano 22 iniciáronse as negociacións coa empresa que recoñeceu a anomalía da situación e se aveu a negociar. Porén, despois de varias reunións, as negociacións non avanzan e as posicións están alonxadas.
A pinga que colmou o vaso foi que despois dunha asemblea da plantilla, celebrada o 30 de marzo, se enviou unha nova proposta, rebaixando ademáis en boa medida as pretensións iniciais. Logo de máis dun mes sen resposta da empresa, a plantilla volveuse a reunir o o 4 de maio e desa asemblea saiu un calendario de mobilizacións, con data de inicio para o mércores 10 cunha concentración diante do concello. Enterada das mesmas, a empresa púxose en contacto para manter unha nova reunión, que ven de celebrarse na tarde de hoxe. Na mesma indicouse que non se acepta a última proposta da parte social pero que fan unha invitación a seguir negociando, iso si, ampliando a vixencia do convenio e concentrando os incrementos nos últimos anos da mesma.
Segundo Xoán Díaz, de CIG Servizos, “aínda que recoñecen o insólito da situación a realidade é que a empresa non parece que esté pola labor. Primeiro alegando que a concesión era deficitaria presentou unha oferta ridícula e agora despois de dar a calada por resposta á nosa última proposta, cando ven que hai mobilizacións tentan que as desconvoquemos presentando unha nova proposta de negociación que nin sequera se concreta en cifra ningunha. Nós agotaremos todas as vías de negociación e non temos problema en explorar as vías que se nos presenten pero entendemos que iso ó compatible con manter a folla de ruta das mobilizacións, e polo tanto mañá mércores, ás 11,00, comezaremos as concentracións dinate do concello”.
Resulta curioso que a empresa alegue que a concesión é deficitaria, primeiro porque custa crer que unha empresa da dimensión de Urbaser poida fallar tan estrepitosamente na previsión cando presentaron a oferta e en segundo lugar porque a concesión actual se licitou en 200,000 euros máis que a anterior. E se en realidade é, como din deflcitaria, tampouco entendemos porque non abonan a cláusula de penalización e rescinden unilateralmente o contrato, que aínda remata no 24.
A realidade, mentres, é que o tempo segue pasando e as condicións da plantilla cada vez se quedan máis desfasadas pois as únicas subidas salariais que viron, foron as obrigadas pola subida do SMI e estas non cubren nin de lonxe os actuais custes de vida nun momento ademais de inflacción disparada.
Así as cousas a plantilla vese na obriga de iniciar as concentracións , que se celebrarán diariamente ás l1,00 diante do concello, e se a situación non muda radicalmente e non se avanza favorablemente nas negociacións, de iniciar unha folga indeflnida a partir do día 22.
Ambos representantes sindicais afirman que “non é unha situación desexada, pero non nos queda máis remedio que dar un golpe na mesa e loitar por recuperar dereitos e por dignificar o traballo e as condicións destes compañeiros e compañeiras”.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



