Os resultados das municipais na Galicia amosaron unha nidia singularidade galega a respecto da liña sinalada polo mesmo proceso electoral no conxunto do Estado. Porque votamos bastante diferente, canda a cidadanía vasca, navarra, catalá e canaria. Aquí Vox non existe e o PP, agás nalgúns concellos da circunscrición de Pontevedra, non ten quen lle apoie para acadar os goberno locais alí onde non quita a maioría absoluta. Velaí porque, malia a súa suba en porcentaxe absoluto (acada un 38,45% fronte ao 33,35 % de 2019) só gobernará Ferrol entre os dez primeiros concellos galegos. O PSdeG baixa do 32,76% do 2019, cando case empatou co PP, ao 29,17% de agora e mantén o goberno de Vigo con maioría absoluta, mentres precisará do apoio do grande vencedor da noite na Galicia (o BNG) para gobernar A Coruña e Lugo a medio das súas alcaldesas Inés Rey e Lara Méndez. En reciprocidade o BNG (que quitou o 17,25%, case seis pontos de suba dende o 12,47% de 2019) manterá cos votos do PSdeG a alcaldía de Pontevedra de F. Lores e gañará a de Compostela para Goretti Sanmartín. Para o relato do BNG a alcaldía da capital de Galicia, co proxecto de cidade galega de proxección internacional que pode desenvolver dende a mesma, ten un valor de futuro fulcral.
Xa que logo, fronte a maioría absoluta do PP no concello de Madrid e a hexemonía da dereita e da extrema dereita nos concellos de Sevilla, Zaragoza, Valladolid ou Valencia, na Galicia urbana sobrancean as maiorías sociais progresistas. En realidade só a conquista da Deputación de Pontevedra salva o aprobado xustiño de Alfonso Rueda na súa estrea electoral como presidente do PPdeG. O obxectivo eran dous gobernos locais máis entre as sete grandes cidades galegas e conquerir unha Deputación adicional á ourensá. Acada estes obxectivos, como vimos, só parcialmente.
PPdeG e BNG enfrontarán agora a agarda das eleccións nacionais galegas do 2024 coa tranqulidade que da ter unha presenza forte e ben espallada e estruturada en todo o territorio, ademáis de desfrutar dunha indubidábel paz interna. Nomeadamente Ana Pontón aproveitou estas eleccións para multiplicar a súa visibilidade e amosarse nidia alternativa de goberno. Mentres o PSdeG, aínda mantendo as alcaldías das dúas principais cidades do País, haberá enfrontar unhas primarias nas que Gómez Besteiro non ten garantida a maioría, mentres Gonzalo Caballero esixe de González Formoso a autocrítica que éste lle esixiu despois do desastre das nacionais galegas de 2020. O ruído socialista está garantido.
A grande sorpresa foi, sen dúbida, a vitoria de Pérez Jácome no concello ourensán, que lle garantiría a alcaldía se non acadan o PPdeG, o PSdeG e o BNG un acordo a tres. Porén, axiña a situación xudicial do aínda alcalde e do presidente en funcións da Deputación, X.M. Baltar, vai esixir do PPdeG e do PSdeG moita imaxinación para garantir a gobernanza destas dúas institucións ourensás, albiscándose um posíbel movemento que determine a substitución de ambos os dous e quizais dalgún ou dos dous dos seus cabezaleiros de candidatura.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



