Foz, 10 de maio de 2023. O Concello de Foz vén de publicar a súa nova web municipal, un traballo de modernización imprescindible que trae novidades importantes en materia de adaptación ás novas tecnoloxías. Unha das novas máis destacadas é a presenza da radio municipal en emisión online. Un paso moi importante para a dinamización da emisora local, punto de encontro e información para todos os cidadáns de Foz, que agora se estende tamén aos que viven fóra. A súa ligazón na web posibilita que se poida escoitar en todos os lugares do mundo, para quen estea preto ou lonxe e queira saber das voces do seu pobo.
A nova web facilita a consulta de moitos servizos municipais, sendo máis visuais e sinxelos. Na parte de urbanismo, ademais de informar dos distintos procedementos, pódese acceder ao PXOM municipal ou descargar a planimetría do inventario de camiños. Cuestións como os símbolos do municipio -escudo, bandeira ou tamén o novo logotipo- poden ser atopados e descargados da web no apartado “Concello”. Existe tamén unha guía municipal moi completa e enlaces sinxelos ás ordenanzas municipais e á sede electrónica do Concello.
A cultura tamén ocupa un lugar moi importante da páxina, xa que se poderá consultar a axenda municipal de eventos e toda a actualidade con só unha ollada. Ademais o cronista oficial de Foz conta cun espazo propio para a publicación de textos sobre a historia de Foz: a “Bitácora focega”.
A web continuará sendo actualizada coas novidades que se produzan no concello, buscando ser unha ferramenta de uso sinxelo para todos e unha ventá atractiva para a consulta e o coñecemento de Foz. Traballo que se complementará coa nova web de turismo, que está en elaboración e que afondará nos recursos e nas posibilidades que ten o noso concello neste ámbito.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, móstrase “moi satisfeito por un traballo que xa se debería ter feito hai moitos anos, pero quedou estancado desde a páxina creada polo anterior goberno socialista. A nova web é unha ferramenta útil, áxil e sinxela. Desde a páxina temos ligazóns directas a creacións realizadas neste mandato como a web de arquivo dixital de Foz (arquivoconcellodefoz.com) ou a páxina de promoción do noso municipio viveytrabajaenfoz.com. Pero quizais a novidade principal é que agora dispoñemos de emisión online de Radiofoz. Non só para os que viven fóra: a sinal de radio non chegaba a tódolos fogares do concello e por fin vamos poder escoitala en todas partes: agora si entramos no século XXI”.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



