“La culpa fue del cha-cha-chá” é unha canción que algúns lembrarán ter oído dende finais dos anos oitenta do século pasado. A fama que acadou nalgún momento ten xustificado o seu emprego en situacións de desastres sen asunción de culpas, como en moitas eleccións ocorre, e seguro que nestas pasadas se ten usado tamén nalgún comentario.
Mais a súa aplicación pode ser moito máis ampla. Así, veuseme á cabeza mirando semana pasada unha nova na que ó tempo que se negaba o feito de xeneralización de inseguridade en Ribadeo -en particular, nocturna-, aplaudíase o incremento, parece que apalabrado, de patrullas de vixilancia no centro urbano (entendéndose que pola noite), e chamábase a atención ós pais pola educación dos fillos -participantes na movida e consumidores nos establecementos- ó tempo que se exculpaba ós locais por producirse ós altercados no exterior, á hora de saída dos mesmos.
O estribillo da canción de Gabinete Caligari repetía “La culpa fue del Cha-cha-chá / sí fue del Cha-cha-chá / que me volvió un caradura / por la más pura casualidad”, dando por feito que quen narraba e tiña actuado -‘como un caradura’- non tiña culpa do sucedido, dos seus propios actos, que terían pasado ‘por casualidade’ aínda recoñecendo a súa caradura na historia relacionada coa canción.
Ribadeo non é un lugar inseguro, como xa teño dito e estou de acordo, o mesmo que con que unha medida doada e instantánea nos casos de inseguridade é máis vixilancia. Pero nese punto soe esquecerse de que non ten por que ser a máis conveniente ou efectiva, quitada a urxencia como causa da decisión.
Que os pais poden facer, moitas veces, máis por educar ós fillos, tamén é un feito, o mesmo que que educación e cultura inflúen en que se den menos ou máis altercados, pero que ninguén espere por ese camiño froitos dun día para outro.
Se nos fixamos na nova que relatei en síntese, por unhas ou por outras tenta pasarse da atribución de culpas, máis aló do xenérico, non se vaia molestar a ninguén. E mesmo se exonera delas cando se trata de algo ‘de portas a fóra’, como se os límites físicos foran impedimento para moitas cousas que non impiden, como se fose imposible que unha pedra chegara a un lugar diferente da man que puido lanzala. Poñendo un par de casos que dun xeito interesado poden antollarse case como impensables, un aquí e outro nos USA, pregúntome se ocorrería o mesmo número de altercados ás tantas da madrugada se os locais cerraran horas antes, ou se morrerían nos USA tantas persoas por arma de fogo se non houbera a permisividade que hai alí para obtelas. Neste último caso, fixeron a lei correspondente, e pola presión de grupos de interese, aí segue, pero a relación entre existencia de armas a man, o seu uso e os efectos que causan está demostrada e é innegable. E, aínda que non cambien a lei, sábeno.
Que todos podemos colaborar, é un feito. Mais asumir que ninguén ten a culpa, ou separar o feito de aglomeracións de xente, ruídos e porcallada asociados, coido que é un erro interesado que evita achegarse á solución.


















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



