Ó acto, que comenzou ás 19:00, estaban convidadas as familias. A ceremonia comenzou coa actuación da aula coral do IES de Foz, formada por alumnado de 4º da ESO, interpretaron catro pezas medievais. A continuación, fíxose entrega dun diploma e un regalo do centro a cada alumno/a. Representantes de cada clase, A e B, dixeron unhas palabras, así como o xefe de estudos e as titoras. Para rematar, e poñer a nota cómica ó día, entregáronse uns diplomas ao máis impuntual, ó máis “pelota”, ó preferido do profesorado…






















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



