O actual alcalde e candidato ve no crecemento poboacional de Foz unha demostración da consolidación de Foz como referente na Mariña
Foz, 25 de maio, 2023. O PSdeG-PSOE de Foz levou no programa electoral do ano 2019 a elaboración dun Plan de Mobilidade e cumpriu a promesa electoral feita. “A xestión dun Concello como Foz require moita planificación: estudar, proxectar, presupostar e executar as obras. O caos que se xerou no anterior mandato cando se dispuxeron a Av da Mariña e Álvaro Cunqueiro no mesmo sentido de circulación non se pode repetir de ningún xeito, o goberno é algo moi serio”.
O Concello de Foz realizou neste mandato un Plan de Mobilidade no que participaron asociacións veciñais e partidos políticos e que marca as liñas para converter Foz nunha cidade accesible, sen barreiras arquitectónicas, cómoda e se problemas de tráfico. En palabras do actual alcalde e candidato: “Xa se están a ver moitas actuacións que marcaba o Plan de Mobilidade, como a reurbanización de Irmandiños, as beirarrúas en Julia Minguillón, o calmado de tráfico e mellora de seguridade en Vilaxoane ou a urbanización de Costa do Castro coas beirarrúas ata o cemiterio”. A rúa Costa do Castro vaise a converter nun acceso ao núcleo de Foz, descargando de tráfico as entradas desde Forxán e Vilaxoane. “O Ministerio de Transportes comprometeu 2,5 millóns de euros para o Terceiro Acceso, que conectará a variante de Foz coa estrada ao Bispo Santo e co Cemiterio de Foz. Neste momento estase a rematar de redactar polo Ministerio de Transportes o proxecto construtivo. Imos estudar a configuración e os sentidos de circulación na rúa Bispo Santo para que se transforme nun vial seguro para os veciños de Marzán e a regulación dos semáforos da Fonte de Marzán vai ser tamén unha prioridade na próxima lexislatura, para que as veciñas e veciños de Marzán podan cruzar a Av de Viveiro con seguridade.”
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



