Ante o remate do convenio colectivo, que inclúe o comercio metal, o BNG reclama á Xunta promover todas as accións necesarias para acadar un acordo entre as partes co fin de garantir o poder adquisitivo dos salarios afectados pola perda de 12,1 puntos en dous anos e medio
Santiago de Compostela, 26 de maio, 2023. O BNG leva ao Parlamento galego o conflito do convenio do metal de Lugo e insta á Xunta a emprender todas as accións necesarias para que as partes acaden un acordo que garanta o poder adquisitivo dos salarios do persoal afectado polo Convenio colectivo das Industrias da siderometalurxia da provincia de Lugo.
O portavoz de industria do BNG, Ramón Fernández Alfonzo, (Mon), xunto aos deputados Olalla Rodil e Daniel Castro afirman que a actual situacións do persoal afectado “é insostible”, soportando os salarios máis baixos dos convenios do mesmo sector respecto das outras provincias galegas. Os deputados e deputadas do BNG, sinalan que esta circunstancia provoca “un grande impacto social e económico” en toda a provincia con máis de 5.000 persoas do colectivo afectadas.
Mon Fernéndez explica que o Convenio colectivo para as industrias da siderometalurxia da provincia de Lugo, que inclúe tamén o comercio metal, rematou o período da súa vixencia o pasado 31 de decembro do ano 2021 e na actualidade, as partes están nun proceso de negociación no que a patronal non acepta establecer no convenio “unha cláusula de revisión salarial que garanta a actualización dos salarios conforme ao IPC”, negativa que xa provocou a resposta dos traballadores e traballadoras con varias xornadas de folga que poden prolongarse de non acadar un acordo.
Perda do poder adquisitivo de 12,1 puntos en menos de dous anos e medio
Desde o ano 2021, engade o nacionalista, o IPC en Galiza sitúase en 14,6 puntos, mentres que neste período os salarios do persoal das industrias da siderometalurxia de Lugo viron incrementados os salarios nun 2,5%, é dicir, “levan acumulada unha perda de poder adquisitivo de 12,1 puntos en menos de dous anos e medio”.
A proposición non de lei rexistrada polo BNG no Parlamento galego buscará o acordo de todas as forzas parlamentarias para instar á Xunta a “implicarse activamente e evitar a perda de poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras” ademais de garantir un poder de “compra fundamental” para soster a economía en xeral e nomeadamente a economía da hostalaría e comercio local, sectores gravemente prexudicados pola redución do gasto das familias.
O BNG, recalca o nacionalista, solicitará ao Parlamento de Galiza instar á Xunta a promover as accións necesarias para conseguir que as partes cheguen a un acordo que garanta o poder adquisitivo dos salarios do persoal afectado polo Convenio colectivo das Industrias da siderometalurxia da provincia de Lugo.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



