O candidato á alcaldía, Darío Cabaneiro, trasladou a súa proposta a Fabiola García e Javier Vázquez Nodal durante unha reunión con delegadas sindicais do SAF
A Pastoriza, 15 de maio de 2023. O Partido Popular da Pastoriza, sensibilizado con “ofrecer aos maiores no seu propio concello a atención que merecen”, defende a creación dun centro de día municipal e da xestión directa por parte do Concello do Servizo de Axuda no Fogar que, na actualidade, está externalizado. O candidato á alcaldía, Darío Cabaneiro, trasladou a súa proposta á responsable de Política Social do Goberno galego, Fabiola García, durante unha reunión delegadas sindicais do SAF á que tamén asistiu o secretario xeral do PP lucense e responsable provincial de Política Social, Javier Vázquez Nodal.
O alcaldable popular comprometeuse, no caso de ter o apoio dos veciños e veciñas o vindeiro 28 de maio, a “facer as xestións necesarias para dotar á Pastoriza desta infraestrutura” onde ofrecer atención diúrna especializada ás persoas que o precisen co obxectivo de fomentar a súa autonomía da man do desenvolvemento de actividades e diversas terapias. Isto permitiría “facilitar ás súas familias a conciliación da súa vida laboral coa atención aos seus maiores, sen que teñan que desprazarse a outros concellos limítrofes”.
Así mesmo, recoñecendo o labor das traballadoras do SAF e a súa vinculación cos usuarios aos que prestan atención a diario, Cabaneiro trasladoulles a súa intención de “estudar a forma para que esas mesmas traballadoras os atendan tamén no centro de día”.
Os populares tamén cren necesario reducir a lista de agarda daquelas persoas que solicitan atención e polo tanto comprométense a solicitar á Xunta máis horas de atención nos domicilios; xa que “o goberno local ten na actualidade un total de 29 persoas esperando polo servizo, a pesar de que os seus expedientes xa foron avaliados pola Xunta”. Por outra banda, lembraron que “a Xunta achegou o ano pasado ao Concello, para sufragar o SAF, máis de 406.000 euros”.
GOBERNO UNIDO PARA ATENDER A TÓDOLOS PASTORICENSES
O PP está a traballar para ofrecer á Pastoriza un goberno unido e solvente con capacidade para xestionar as necesidades actuais dos pastoricenses e garantir igualdade de trato a tódolos veciños e veciñas do municipio. Ademais de apostar por “mellorar os servizos nas distintas parroquias contribuíndo ao desenvolvemento do sector gandeiro que é moi importante no noso concello, temos moi presente as necesidades relacionadas coa atención á xente da Pastoriza”.

















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



