Hoxe, en Ribadeo, nunha xornada na que a secretaria xeral do PPdeG percorre tamén os concellos de Foz, Mondoñedo e Xermade
Ribadeo, 20 de maio, 2023. A secretaria xeral do PPdeG desprázase hoxe á provincia de Lugo, para apoiar aos candidatos nos distintos concellos, comezando esta mañá polo candidato en Ribadeo, Daniel Vega: “Como compañeiro no Parlamento vexo día a día a súa ansia e o seu empeño por resolver todos os problemas de Ribadeo, como se el xa fora o verdadeiro alcalde”
Paula Prado indicou que o alcaldable popular non confronta con outras forzas: “El pon nunha man as deficiencias e denuncia o que non fai o alcalde, pero noutra busca sempre as mellores solucións, facendo cousas positivas pola súa vila, como vemos todos os días no Parlamento e, por iso, merece ser o seu rexedor”
Con fin de gobernar, Dani Vega ten que conseguir unha maioría absoluta “para impedir un pacto de perdedores de BNG e PSOE, que non aspiran a gañar senón a sacar un voto máis que o PP para logo renunciar ao seu programa electoral e poñer os seus intereses políticos sempre por riba dos do seu pobo”
“Desde o PPdeG facemos política baseada na seriedade, na solvencia, na estabilidade e na unidade”, indicou Paula Prado, antepoñendo isto a bipartitos que “nunca trouxeron nada bo para Galicia”
“POLÍTICAS NEFASTAS” DE SÁNCHEZ NA MARIÑA LUCENSE
“Cando vimos á Mariña podemos mirarlles aos ollos aos veciños e veciñas, algo que non pode facer Pedro Sánchez, nin os seus valedores como o delegado do Goberno, con políticas nefastas para Galicia, para España e tamén para esta comarca”, abundou
Fixo referencia así a secretaria xeral dos populares galegos á Lei de vivenda, a Lei do só si é si, a inseguridade xurídica ás empresas que xera o Goberno central para a súa instalación no noso territorio ou a súa “manipulación das estatísticas do paro que non oculta que hai moita xente que o está a pasar mal”
Ao respecto do BNG, indicou a secretaria xeral dos populares galegos, xa vemos que “por diante ten unha cara e outra por detrás” e recordou a súa pertenza ao grupo dos Verdes no Parlamento europeo, cos que queren “destruír a nosa actividade pesqueira co veto á pesca de fondo ou ao noso rural co apoio á protección do lobo”; e todo iso mentres apoia aos independentistas cataláns “consentindo os agravios a Galicia”
Pola contra, sinalou, temos un goberno na Xunta de Galicia que é “un exemplo” para A Mariña, con avances como os da ampliación do hospital comarcal, e que amosa que “hai outra forma de facer política”
Paula Prado mostra o seu apoio a Javier Castiñeira que “volverá ser alcalde e recuperará o esplendor que tiña Foz durante o seu mandato”; a Manolo Otero, que “manterá a maioría para que Mondoñedo siga avanzando”; e a Antonio Riveira, que “coa experiencia de dúas décadas no Concello de Xermade, logrará o cambio de goberno”





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



