Burela, 23 de maio de 2023. Os traballadores e as traballadoras de Urbaser Burela arrincaron este martes a folga indefinida en demanda dun convenio colectivo digno. O seguimento nesta primeira xornada está sendo practicamente total malia os abusivos servizos mínimos impostos polo Concello, que superan o 50% da actividade nos primeiros días e que chegaría ao 100% na próxima semana, coincidindo coas festas patronais.
Para o secretario comarcal da CIG-Servizos, Xoán Díaz, estes son uns “servizos máximos” e xa adiantou que se vai recorrer o decreto por abusivo e vulnerador do dereito efectivo á folga.
Sobre os contactos coa empresa, criticou a escasa vontade de Urbaser para solucionar o conflito, xa que non só se negou a trasladar antes do inicio da folga a nova proposta que anunciara que tiña, senón que onte mesmo, mediante chamada telefónica, ameazou con recortar dita oferta e incluso non acudir á reunión prevista para este mércores 24 se o persoal non desconvocaba a folga. Finalmente, a última hora da tarde, a empresa confirmou que asistirá á xuntanza.
Díaz cualifica esta actitude de “chantaxe” e reitera que o persoal está en disposición de loitar até conseguir un convenio colectivo digno; máis tendo en conta o custe disparado da vida e que estes traballadores e traballadoras teñen os seus salarios practicamente conxelados dende o ano 2011, cando rematou o convenio que até entón regulaba as condicións do persoal da recollida de lixo, limpeza viaria, punto limpo e limpeza de praias.
De cara á segunda xornada de folga, o persoal volverase concentrar mañá diante do Casa do Concello de 11 a 11:30h. Neste senso, o secretario comarcal da CIG-Servizos lamenta a falta de implicación activa do Goberno municipal e critica que os únicos movementos que fixera nestas días foran decretar un servizos mínimos abusivos e tentar minimizar o impacto da folga chamando á cidadanía a que non baixe o lixo á rúa ou pedir que se reforcen os contedores.
























Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



