O acto público, no que se presentará o programa electoral, terá lugar ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz
Alfoz, 18 de maio, 2023. VIA Alfoz cerebrará mañá venres 19 de maio, o mitin central de campaña ás eleccións locais do vindeiro día 28. O acto público, no que se presentará o programa de VIA Alfoz, celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz, a partires das 21:00 horas.
O mitin, contará coa intervención de Efigenia Maseda, candidata á alcaldía por Via Alfoz, así como de Eliseo Lorenzo, Judit Casabella e Xabier Pardiñas, números dous, tres e catro da candidatura de VIA Alfoz, respectivamente. Tal e como indican os intervintes, neste evento presentarase o programa de goberno para a lexislatura 2023/2027, “un programa que non trae promesas vacías, senón propostas cheas de proxectos para atender ás necesidades do noso concello”.
Participará tamen no acto Xabier Vázquez, coñecido e recoñecido mestre do Colexio Público de Alfoz nos anos 80 e candidato á alcaldía de Monterroso. Desde VIA Alfoz agradeceb o apoio de Xabier Vazquez e indican que “quixemos contar coa presenza de Xabier Vazquez, polo seu coñecemento da política municipal e pola pegada que nos deixou na súa etapa como mestre no noso colexio público”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



