Terceiro título da tempada 22-23 e sétima Copa de Galicia para o Pescados Rubén Burela FS
Burela, 17 de maio, 2023. Esta mañá ás 12.30 horas no Pavillón Agustín Mouris de Noia disputouse a final da Copa Galicia, Ence Marín Fustal Vs Pescados Rubén Burela FS. Eran as favoritas e ségueno sendo, as mariñás fixéronse unha vez máis co título autonómico por sétima vez e conseguindo os 3 de 3 títulos polo momento disputados nesta tempada 2022-2023. Unha vitoria moi merecida despois dun partido onde as Raíñas Laranxas se mostraron superiores durante os 40 minutos, cun resultado final de 1-5 que puido ser máis avantaxado de non ser pola boísima actuación de Silvia, á que outorgaron moi merecidamente o MVP do partido.
Comeza o encontro con dous equipos precavidos, poucos goles e moitas oportunidades do equipo burelense. Dominio do balón por parte das xustas vencedoras que non atoparon o gol ata o minuto 8 a pesar da insistencia e soamente un tiro a porta do Marín ata o minuto 7. Ese primeiro gol será de Antía Pérez, cun potente disparo dende fóra da área. Tras unha clarísima oportunidade de Dany despois dunha boa combinación con Emilly no minuto 15 que detén Silvia e dous do Marín Fustal, chega o descanso co marcador 0-1.
Na segunda parte comeza apertando o Burela cun gol de Dany no minuto 22 despois dunha contra na que a crack brasileira parece ter 20 anos. No minuto 26 chega o gol do Marín por parte de Ale de Paz cun disparo desde fóra da área e pouco despois, no 31 o 1-3 cun gol de Peque tras un roubo de balón á porteira. É entón cando o técnico pontevedrés, Ramiro Díaz, decide apostar pola porteira-xogadora no minuto 34, con Lara Balseiro coa camiseta de porteira. Pero o Pescados Rubén mantense firme na defensa e chega o 1-4 cun gol de Emilly a porta baleira no minuto 35. Co encontro case sentenciado a gran protagonista da final da Copa da Raíña, Patricia, encaixa o 1-5 cun golazo tras unha boa combinación con Peque.
Un Julio Delgado moi contento co resultado, como é de esperar, opina que aínda que na primeira parte lles custou moito acertar a portería, tiveron moitas finalizacións e a superioridade do equipo e o dominio do balón durante todo o partido foi a clave para a contundente vitoria. Mostra a súa admiración por un Marín Fustal metido no partido durante os 40 minutos.
Ficha Técnica Ence Marín Fustal VS Pescados Rubén Burela FS
Ence Marín Fustal: Silvia (P), Adri, Ale de Paz, Pau, Jessi, -cinco inicial-, Mery, M. León, Ceci, María, Lara Balseiro, Inés, Nuria, Lucía Paz, Iria Varela (P).
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Peque (C), Antía Pérez, Irene Samper – cinco inicial- Saki, Cilene, Claudia, Jenny, Dasha, Patricia, Emilly, Ester (P), Jozi Oliveira (P).
Goles: Min.8 Antía Pérez 0-1; min.22 Dany 0-2; min.26 Ale de Paz 1-2; min.31 Peque 1-3; min.35 Emilly 1-4; min.38 Patricia 1-5.
Equipo Arbitral: Dacal Deza, Pinilla Boullosa, Noya Pardo, Díez Gil.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
