A institución provincial inviste preto de 180.000€ para a mellora do estado da vía LU-P-2801, entre os quilómetros 0,9 e 3, moi empregada tanto pola veciñanza do concello de Lourenzá como dos municipios da contorna
Lugo, 13 de xuño de 2023. A Deputación de Lugo iniciou este martes o aglomerado da estrada provincial LU-P-2801 entre os puntos quilométricos 0,9 e 3, á altura da parroquia de San Adriano, en Lourenzá. Estes traballos contan cun investimento de preto de 180.000€ que permite a mellora desta vía que une a parroquia laurentina con Augaxosa, en Riotorto.
O proxecto incluíu a limpeza dos laterais da estrada e a mellora da drenaxe, garantindo así unha boa evacuación das augas cando chova. As actuacións compleméntanse co aglomerado e rematarán coa colocación de arquetas, sumidoiros e a sinalización horizontal da estrada, pintando con marcas reflexivas brancas.
Estes traballos, que dan resposta a unha petición realizada pola Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, permiten dotar á vía de maior seguridade e dun novo pavimento para a mellora das comunicacións nunha estrada moi empregada pola veciñanza do concello e da contorna.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



