O portavoz popular, José María Fernández, destaca que a socialista Mayra García coñecía de antemán que o servizo estaría hoxe en Trabada e non tomou medidas para que puidera ter conexión eléctrica dende o primeiro momento
Trabada, 20 de xuño de 2023. Na nova etapa no Concello, á alcaldesa, Mayra García (PSOE), mantén a mesma maneira de proceder: sempre disposta a tratar de poñer paus nas rodas aos servizos que presta a Xunta aos veciños. Así o sinala o portavoz popular, José María Fernández, que destaca que unha vez máis a rexedora foi incapaz de ter a punto a infraestrutura necesaria para o funcionamento do servizo Coidados Porta a Porta, que ofrece a Xunta.
O portavoz popular sinala que, sabendo de antemán que o citado servizo estaría hoxe en Trabada, a alcaldesa foi incapaz de ter preparada a tempo a conexión eléctrica necesaria. Como consecuencia, foi preciso utilizar un xerador. Como é sabido, estes aparatos son ruidosos, polo que inciden negativamente nalgunha das prestacións que se levan a cabo, como son as audiometrías.
Coidados Porta a Porta ofrece servizo de podoloxía: inclúe unha consulta básica, con valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas e callos. En canto ao servizo de audioloxía supón unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Presta igualmente servizo de estimulación da memoria: Un profesional realiza unha valoración cognitiva e proporciona pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo. Destes servizos poden beneficiarse os maiores de 55 años, con cita previa e de maneira gratuíta.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



