A institución provincial destina preto de 300.000€ para a mellora da drenaxe, pavimentación con aglomerado e sinalización nuns traballos que afectan aos primeiros catro quilómetros da vía e tamén ao treito que vai do punto 6,073 ao 6,822
Lugo, 31 de xullo de 2023. A Deputación de Lugo comezou os traballos de mellora do firme da estrada provincial LU-P-1911 na Fonsagrada, de Mesón Novo a Chao de Vaga, polo Ventorrillo. Estas actuacións contan cun orzamento de preto de 300.000€ e son realizados pola empresa Desarrollos y Metas S.L.
A rehabilitación desta vía, que se levará a cabo nun prazo máximo de dous meses, consiste na limpeza dos laterais, a drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización horizontal, melloras que permitirán un aumento da seguridade para os usuarios da vía. As melloras, que xa se están levando a cabo, afectan ao tramo inicial ata o quilómetro 4,345 e do punto quilométrico 6,073 ao 6,822.
A institución provincial xa levou a cabo unha actuación recentemente en máis de cinco quilómetros da vía cun investimento de 200.000€. Nesa ocasión foron renovados os treitos entre o punto quilométrico 7,540 e 9,500 e do 11,500 ao 14,310.
Esta estrada dá servizo a numerosos veciños e veciñas da zona, que conta cun gran número de explotacións gandeiras, e tamén a un importante número de visitantes, pois a vía dá acceso a varias casa de turismo rural que funcionan na contorna.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



