A febleza relativa tanto do bloque das esquerdas españolas (PSOE+Sumar=152/350 deputados) como do bloque das dereitas (PP+Vox+UPN=171/350 deputados) abriu unha fenda de oportunidade para que os soberanismos galego, catalán e vasco poidan introducir na axenda estatal importantes cuestións referidas á organización estrutural do Estado. Cada voto é fulcral, non só cara á investidura senón cara todas e cada unha das votacións da lexislatura. É, logo, o tempo da reivindicación da axenda galega. Neste senso a negociación de JxCat co PSOE pola presidencia do Congreso apréndenos da importancia das ferramentas de convalidamento a respecto do cumprimento dos acordos acadados. Porque é de coñecemento xeral que o PSOE asina acordos moi rápido e para cumprilos incorre nunha preguiceira e fachendosa lentitude.
O financiamento autonómico é unha destas cuestións fundamentais, cun sistema caducado dende 2014 que non é quen de fornecer Galicia (nin territorio ningún común fóra de Ceuta e Melilla) dos recursos precisos para financiar a xeito os nosos servizos públicos, malia achegar no 2021 5.082 M€ máis dos que recebimos do Estado (recadamos 13.974 e só percebimos 8.892). Porque a centralización do ingreso nos territorios autonómicos de réxime común (todos agás Euskadi e Nafarroa) determina que o Estado conte cun excedente financeiro para os servizos da súa competencia, mentres que os principais servizos públicos (sanidade, educación, servizos sociais e cofinanciamento da dependencia), de prestación autonómica, son condenados a un delongado infrafinanciamento, que fana gravisímamente tanto unha gobernanza acaída canto un autogoberno real.
Certo é que, nestas circunstancias, Galicia precisaría reivindicar o sistema de cota (“cupo” no castelán) proposto, hoxe polo BNG, onte polo BNPG, EG e polo vicepresidente Carlos Mella no 1984 (Goberno Albor de AP-Independentes) seguindo a nidia e infalíbel lóxica de “primeiro recado e, se cómpre, despois pregunto”. Porque a centralización do ingreso é a chave do xogo de caloteiros que, no prexuizo da prestación dos servizos públicos galegos, adoita desenvolver o Goberno do Estado.
Malia esta verdade verdadeira é probábel que cumpra contar cun plan B neste eido, que só pode transitar polo afondamento na nosa autonomia financeira, incrementando substancialmente o 50% de cesión da recadación do IRPF e IVE e o 58% dos impostos especiais. E, nomeadamente, engadindo ao conxunto dos impostos cedidos o Imposto (directo) de Sociedades (IS), de xeito que o domicilio social (adoito madrileño) sexa substituído canto o criterio para a imputación do beneficio fiscal polo do lugar de xeración do mesmo. De certo determinarmos o tal non ha ser automático, mais axiña contaremos con modelos matemáticos acaídos para saber que parte (90%, 94%…) do beneficio fiscal liquidábel no IS de ENCE, REPSOL e STELLANTIS devindícase no noso País.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



