Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2023. O sector do Mar de CCOO fai un «recoñecemento público» ao traballo do sector pesqueiro e á solidariedade «entre buques que compiten polas capturas», que foi determinante para salvar a tripulación do Nuevo San Juan, con base en Burela (A Mariña). No palangreiro declarouse un incendio o domingo, 1 de xullo, cando se atopaba en augas do Gran Sol (zona situada entre o Cantábrico e a costa occidental das Illas Británicas), pero a tripulación xa se atopa a salvo en Irlanda grazas á intervención do barco vigués Nuevo Confurco.
Malia que ata o momento se descoñecen as causas, CCOO coida que «é o momento de deixar traballar os técnicos da Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM)» e doutras institucións análogas que colaboren no procedemento.
Así mesmo, o sindicato congratúlase de que funcionaran os protocolos de seguridade, unha cuestión en que CCOO leva moitos anos incidindo e que tamén é unha preocupación para a Organización Marítima Internacional. «Que o incidente se resolvera sen danos persoais é a premisa principal en toda emerxencia marítima», subliña o sector do Mar do sindicato.
CCOO solicítalles ás distintas Administracións con responsabilidades que «atendan axeitadamente a tripulación e as súas familias», especialmente para garantir o regreso á casa dunha maneira ordenada e rápida, ademais do asesoramento xurídico e a atención psicolóxica que precisen, entre outros aspectos.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



