Xa se atopan dispoñibles a de Panorama e O Combo Dominicano. Proximamente chegará a de París de Noia
Burela, 4 de xullo, 2023. Pescados Rubén Burela FS continúa coa súa colaboración xunto ás mellores orquestras, que xa se converteron en Galicia en símbolos da nosa cultura e da tempada de festas estivais.
Esta colaboración inclúe a realización de camisetas de edición limitada cos logos das principais orquestras de Galicia: Panorama, París de Noia e O Combo Dominicano.
Desde o pasado 8 de xuño xa se atopa dispoñible a camiseta de edición limitada en colaboración con Panorama.
Hoxe poñemos á venda a camiseta edición limitada do Combo Dominicano. Pode adquirirse mediante as canles de venda habituais do club e a nosa tenda en liña. A camiseta estará limitada a 100 unidades.
Con máis de 30 anos de experiencia percorrendo os pobos de Galicia, España e República Dominicana, O Combo Dominicano é hoxe en día una das orquestras máis importantes do panorama español. Unha traxectoria de esforzo, sacrificio e perseveranza, que a fixeron recoñecida e seguida por unha gran cantidade de afeccionados.
O Combo Dominicano conta cun amplo historial de actuacións en localidades de Galicia, onde principalmente realizan a súa actividade. Proximamente actuarán nas provincias da Coruña e Pontevedra.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


