“Se cometen estes erros en trámites tan sinxelos, que nos espera con temas de maior relevancia para os veciños”, se preguntan dende o Grupo Municipal Popular
Burela, 15 de xullo de 2023. O Grupo Municipal Popular de Burela advirte que “os concelleiros do PSOE tratan de constituírse como grupo municipal a pesar de presentar a documentación fóra de prazo e, polo tanto, vulnerando a lei”. Isto demostra, para os populares, “unha falta de rigor e preocupación por parte do principal partido do bipartito” e, polo tanto, amosan a súa preocupación “polo que nos espera deste mandato con temas serios para os veciños e veciñas de Burela se cometen estes fallos en trámite tan sinxelos”.
Atendendo ao Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais; hai un prazo de 5 días despois de ser constituída a Corporación local para constituírse como grupo municipal; pero os socialistas tardaron 20. Polo tanto, “deberan integrarse no grupo mixto, algo lamentable para calquera grupo que lidere un goberno local”, apuntan.
Esta situación que “nunca pasara na historia do noso Concello” podía ser só anecdótica, senón fora porque “a alcaldesa tratou de colar o asunto no pasado pleno de organización ao non aportar a tódolos concelleiros a debida documentación”. De feito, este foi o motivo polo que quedou enriba da mesa este punto e que obrigou a convocar este novo pleno extraordinario.
Os populares cren que o goberno bipartito “debería ser o primeiro en dar exemplo cumprindo a lei” e consideran que este é “un mal comezo de mandato. Esta sería a terceira vez que a señora López Moreno trata, presuntamente, de vulnerar a regulamentación establecida dende que é alcaldesa”: ao non permitir ao Grupo Municipal Popular ocupar o lugar que lle corresponde no salón de plenos segundo o regulamento, por non aportar a documentación necesaria sobre un punto da orde do día do pleno de organización e, agora, intentando que os concelleiros do PSOE se integren no grupo municipal socialista, a pesar de non cumprir os prazos establecidos por lei”.
O PP de Burela lamenta tamén que “o tenente de alcalde, do BNG, non fixera ningunha valoración sobre o asunto, pero si se dedicara a atacar á oposición con asuntos que nada teñen que ver con Burela”.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



