Lugo, 7 de xullo, 2023. Desde a Area de Cultura da Deputación Provincial de Lugo a través da Rede Museística Provincial de Lugo que xestiona e dinamiza o Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) e o Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) desenvolve unha ampla programación durante estes meses de verán. As actividades están destinadas, principalmente, ao público infantil para axudar a favorecer a conciliación; propostas para compartir en familia e tamén programación para público adulto.
O Museo Provincial de Lugo acolle este sábado, 8 de xullo, ás 12:00h a Conversa “Territorios para a vida”. A cita, aberta a todas as persoas interesadas, está especialmente pensada para profesionais dos museos e investigadoras/es. O obxectivo é abrir debate sobre os modos de habitar Galicia. Intervirán o profesor da USC, Emilio Carral, o investigador transdisciplinar, Fran Quiroga e a activista afrofeminista, Vicky Campoamor. Este encontro aproveitarase para presentar a obra “Galiza e o decolonialismo”, editada pola Fundación Luis Seoane.
Do 11 ao 13 de xullo, o Museo Provincial de Lugo desenvolve un novo campamento de verán, que neste caso adicarase á infancia en horario de mañá e ao público adulto en horario de tarde. “Museo e saúde na RMPL. Pintura e Consciencia” é o nome dos talleres que guiará o artista, Alberto Pena, Licenciado en Belas Artes e docente en talleres de arteterapia. “Neste laboratorio experimentarase coa atención ao corpo, cos sentidos e coas emocións, en contacto coa intuición e coa linguaxe simbólica”, sinala Encarna Lago, xerente da RMPL.
Sacra Festival, contos e oídos
No Museo Provincial do Mar de San Cibrao, este sábado, 8 de xullo, ás 12:00, Ugia Pedreira e Lidia Luna presentarán para toda a familia, “Contos e Cantos da Baleanorte.” Actividade aberta ao público en xeral con entrada gratuíta.
Todos os martes ás 12:00 no Museo Provincial do Mar, nenas e nenos coñecen polo miúdo o territorio a través do mapa de Fontán. Ademais, o mércores, 12 de xullo, dentro da programación infantil, contarase eco taller “Oídos que ven”. De 11:30 a 13:30 as/os máis novas/os coñecerán canto nos contan os sons. A maioría das persoas perciben polos ollos o 80% da información, con esta actividade faranse conscientes de canto podemos ver cos oídos. Descubrirán as sensacións que nos transmiten os sons e comunicaranse a través deles.
A Rede Museística Provincial de Lugo dentro da súa programación expandida, na que colabora con iniciativas culturais, leva ao Museo Pazo de Tor unha nova edición de Sacra Festival. Nesta ocasión a temática do Festival xirará ao redor da identidade, a memoria e o teritorio. Sacra Festival organizado por Sacra Experience vincula arte, natureza e música.
A cita, o 14 de xullo a partir das 19:00 coa actuación da Compañía 5S, CRNDS Allova e Sila Lúa. A entrada é libre e o acceso gratuíto ata completar o aforo. Pensado especialmente para a mocidade, o Sacra Festival quere ser un encontro sostible, polo que os espazos terán aforos limitados.
Do 20 ao 21 de xullo o Museo Pazo de Tor acollerá un campamento infantil, mentres no Museo Fortaleza de San Paio de Narla retomaranse en agosto as propostas de “Argallando na Rede”, para seguir afondando nos museos da Rede Museística Provincial, dependente da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



