A implicada foi evacuada a bordo dunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Ao fío das 10:30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para alertar de que atoparon á muller xa tendida sobre o chan do nivel baixo do inmoble, situado no lugar dos Seixos (A Regueira). No transcurso da chamada, este apuntaba que a implicada subira ao primeiro piso e que caera tras ceder unhas táboas baixo os seus pés. No operativo, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén participaron os Bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil, e foron informados os membros do GES da Pontenova. Finalmente, a ferida foi atendida e trasladada en ambulancia.
![Unha muller resultou ferida ao ceder o chan do primeiro andar dunha vivenda na Pastoriza](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/07/2020-10-27-19_32_15-112-galicia_-Busca-de-Google-5.png)