A previsión é que as obras se prolonguen algo máis de 2 meses, polo que estarán rematadas a principios do outono, a tempo para a celebración dunha nova edición da Feira do Mel que acolle o municipio a mediados de novembro
Lugo, 3 de agosto de 2023. A Deputación de Lugo comezou esta semana en Muras as obras de humanización do Campo da Feira do Viveiró. Os traballos, que contan cun investimento que supera os 400.000€ -dos que a institución provincial achega 371.200€ (o 92,56%) e o Concello 29.800€ (8%)- servirán para darlle unha nova imaxe a este espazo público tan empregado pola veciñanza e facelo máis accesible.
Nunha primeira fase, a actuación consistirá na demolición das actuais beirarrúas, adoquinado, bordos e firmes na súa totalidade, coa intención de liberar a zona de traballo. A nova superficie, que será de plataforma única, terá un acabado de formigón lavado, con bandas lonxitudinais de pedra de 10 centímetros de ancho. Situada na intersección das estradas provinciais LU-P-3402 e LU-P-6502, as vías quedarán delimitadas coa plantación de arborado.
O proxecto inclúe a renovación das redes de servizos: pluviais e saneamento, alumeado público, abastecemento de augas, enerxía eléctrica e telecomunicacións. Ademais, plantaranse un total de 23 árbores e transplantaranse 3 existentes, entre os que haberá pradairos, acivros, castiñeiros, castaños e loureiros. Finalmente, os traballos rematarán coa instalación do novo mobiliario urbano, que estará formado por papeleiras de 45 litros de capacidade, con corpo de aceiro galvanizado e cuberta de madeira, e bancos circulares, do mesmo estilo, de 2 metros de radio.
A empresa encargada destas obras é Novavial SL, que traballa cun prazo de execución de 2 meses e 15 días.
Trátase dunha actuación moi importante para o concello de Muras, non só en termos económicos, xa que o Campo da Feira do Viveiró é moi empregado pola veciñanza e acolle eventos moi importantes para o municipio e a comarca como a Feira do Mel, que se celebra a mediados de novembro.
A Deputación con Muras
Na súa política de colaboración cos 67 concellos da provincia, a Deputación de Lugo fixo un importante investimento no municipio de Muras desde o 2019, cunha achega de preto de 3M€, que serviu para a mellora das infraestruturas e as estradas, pero tamén para o fomento do emprego e o desenvolvemento das políticas sociais.
No que respecta ás infraestruturas, as obras do Viveiró veñen a completar a transformación que está a realizar este concello, cara á humanización dos seus espazos públicos, grazas á colaboración da Deputación de Lugo. Nese sentido, a finais do ano pasado, a institución provincial rematou as obras de transformación da Praza da Galeguidade, no centro urbano de Muras, onde cun investimento de máis de 225.000€ reformulou o espazo en termos de accesibilidade, comodidade e redución do tráfico.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



