Ribadeo, 4 de agosto de 2023. A Festa do Percebe, que se celebra este sábado en Rinlo, contará con servizo de transporte público e gratuíto. O Percebús sairá da estación de autobuses de Ribadeo desde as 11 da mañá. Esta é a principal novidade desta edición, segundo deron a coñecer o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz. Pero hai máis, xa que as actividades dan comezo xa o venres.
O rexedor declarou: “xa chegou a Festa do Percebe, algo que estábamos esperando todos os ribadenses e todos os visitantes. Acuiar a Rinlo sempre é unha marabilla, esa vila mariñeira por excelencia e tamén turística que dende o Concello de Ribadeo queremos mellorar e seguir impulsando para atraer a máis visitantes ao noso Rinlo, ao noso de Ribadeo. Dende logo, entre todos seguro que imos poder”.
Dani Vega tivo palabras de agradecemento: “en primeiro lugar, dar as grazas á Confraría de Pescadores e Mariscadoras, tamén aos percebeiros e percebeiras que hai no noso concello, que dende logo están facendo un traballo moi importante, non soamente defender un medio de vida e un sector, senón tamén impulsando unha festa gastronómica como é a Festa do Percebe. Non nos debemos esquecer de que hai que degustar os produtos que da o noso mar”.
O alcalde dixo que “nós dende o Concello o que queremos é colaborar e por iso tamén queremos agradecer á asociación O Cantal, por todas as súas ideas e propostas e dende logo, á Xunta de Galicia por reforzar economicamente esta festa. Polo tanto, entre todas as administración e o sector, somos capaces de facer unha festa moi importante”.
Entre as novidades deste 2023 está o Percebús, un servizo de transporte público e gratuíto para achegarse o sábado desde Ribadeo a Rinlo: “este ano, hai más actividades e tamén temos o Percebús, un medio de transporte público e gratuíto que o quere é trasladar a todas as persoas á festa. Será o sábado e sairá dende a estación de autobuses a partir das 11 da mañá ata ás 14 horas. Tamén, cando remate a festa terá saída de Rinlo a partir das 20 horas e ata as doce da noite. Este medio público e este espazo de seguridade no que tamén queremos converter a festa, é unha idea innovadora. É a primeira vez que se fai porque o que queremos é que haxa seguridade nas nosas festas”, subliñou Dani Vega.
As actividades da Festa do Percebe arrincarán xa o venres. A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “este fin de semana terá lugar a Festa do Percebe de Rinlo na que a gastronomía é un dos elementos diferenciadores desta pequena vila, na que os produtos do mar teñen enorme peso; sendo o percebe o prato máis característico. Este ano e nesta edición queremos aumentar a programación e así o día anterior, o 4 de agosto, as actividades estarán dirixidas aos máis pequenos da casa, á mocidade e ao conxunto familiar”.
A edil ribadense explicou que “neste caso o Concello en colaboración coa asociación de veciños O Cantal inclúe na programación unha serie de iniciativas didácticas como unha obra de teatro a cargo dos Quinquilláns titulada Por que é salgada a auga do mar?, un espectáculo ao aire libre para todos os públicos no que dous científicos exploran teorías sobre salinidades nas augas do mar, recuperando así lendas do mundo mariño”.
Saiz engadiu: “tamén contaremos coa actuación musical a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo acompañada do grupo de teatro Os Quinquilláns No fondo do mar. Con música de fondo da nosa querida Banda Municipal terá lugar un pasarrúas cunha viaxe cara o fondo do mar onde aquelas especies máis descoñecidas: os peixes abisais aqueles que emiten a súa propia luminiscencia, cabaliños do mar, ante os nosos ollos admirados, peixes de cores, … En fin, un espectáculo que animamos e invitamos a contemplar o 4 de agosto na Plaza de San Pedro en Rinlo”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



