Ribadeo, 30 de agosto de 2023. Esta mañá deu comezo en Ribadeo o XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). No acto de inauguración ante os máis de 50 participantes interviron o presidente de Apaga, Álvaro Doural, a xefa territorial de Educación, Sagrario Sánchez, a deputada responsable da Área de Economía da Deputación de Lugo, Mayra García, e o alcalde de Ribadeo, Dani Vega. Charlas polas mañás e talleres polas tardes conforman o programa deste Fórum que se prolongará ata o vindeiro venres, 1 de setembro.
Doural dixo que “este Fórum non é soamente un lugar de discusión e reflexión senón tamén unha plataforma de colaboración e intercambio de ideas. Como noutras edicións, quero agradecer a colaboración das institucións públicas aquí representadas e ás firmas privadas tamén o seu aporte tanto na parte económica como de técnicos que participan neste evento”.
A nova xefa territorial de Educación, Sagrario Sánchez, subliñou “o incremento na matrícula da FP nun 12%, chegamos a ter máis de 60.000 matriculados, un 75% máis que no ano 2009”. E tivo palabras de agradecemento para o profesorado asistente a esta cita en Ribadeo: “mil grazas por todo o voso traballo. Estamos moi agradecidos; que vos vou dicir eu que son profesora e moito ánimo. Para todo o que necesitedes aquí nos tedes”.
A responsable da área económica da Deputación de Lugo, Mayra García, felicitou a Apaga pola organización deste XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos: “xa que ano tras ano é capaz de realizar estas xornadas que son tan interesantes porque o sector automobilístico está sufrindo unha renovación moi importante e por acadar este tipo de xornadas que son tan interesantes tanto a nivel nacional como internacional. Dende a Deputación de Lugo, como sabedes colaboramos, co tecido asociativo tanto a nivel social como profesional neste caso. E agardamos que aproveitedes moito estas xornadas”.
No Fórum de Apaga participan máis de 50 persoas procedentes de Madrid, Asturias, Zamora, León e de toda Galicia. O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, fixo fincapé na necesidade da formarse para acadar un emprego: “el Fórum de Apaga está creciendo y renovándose. Eso significa que si queremos empleo, estabilidad laboral, crecimiento en los pueblos, … tenemos que formarnos. La formación es clave en los próximos años. La formación en automóvil y en otras ramas en las que tenemos carencias. Por lo tanto, si sabemos perfectamente lo que nos exige o nos demanda los próximos años, la formación es clave. Si queremos dar salida laboral a muchas personas, que entiendo que su vocación es el trabajo, la formación es clave”.
Para as 20:30 horas de hoxe está prevista unha recepción no Concello de Ribadeo. As charlas e os talleres seguirán ata o vindeiro venres, 1 de setembro. Tamén se celebrará a asemblea anual de Apaga e haberá unha ponencia sobre os proxectos das mobilidades Erasmus a Estonia e Italia e nas que participaron alumnado e profesorado. Os asistentes ao XII Fórum de Apaga gozarán mañá dunha viaxe en barco desde Ribadeo ata Ría de Abres, onde saborearán unha merenda campestre.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



