A Mariña, 21 de agosto, 2023. O quinteto de vento Zoar protagonizará o penúltimo concerto deste décimo ‘Festival Bal y Gay’ o martes día 22 de agosto na Igrexa de San Miguel Reinante de Barreiros (20:30 horas) con todas as entradas esgotadas. O grupo formado por Joan Ibañez (frauta), David Villa (oboe), Antonio Suárez (clarinete), Benjamín Iglesias (trompa) e Álex Salgueiro (fagot) interpretará oito das doce pezas de ‘Iberia’ de Isaac Albeniz no arranxo realizado polo propio Villa. Será a primeira adaptación para quinteto de vento que se realizou desta composición. Un reto físico e mental épico. O décimo aniversario do evento concluirá este xoves 24 coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Catedral de Mondoñedo.
Para Zoar, un quinteto de vento nado en A Coruña, “es todo un orgullo poder formar parte de uno de los festivales más relevantes y representativos de la acción cultural de Galicia. El festival despierta en nosotros esa doble sensación de responsabilidad e ilusión, más en esta ocasión al compartir con el público ‘Iberia’, un programa en el que llevamos tiempo trabajando y que está comenzando a caminar. En este concierto vamos a presentar el intenso trabajo que hemos desarrollado durante los últimos seis años”, ha afirmado el grupo. “No cabe duda de que estamos ante uno de los platos fuertes del panorama nacional de festivales de música en verano. En tan solo diez años lo hemos visto crecer de una forma casi meteórica, reuniendo a grandes artistas y grupos durante dos semanas en un sitio tan especial para nosotros como A Mariña. Además, pensamos sinceramente que el Bal y Gay ha colocado a Galicia en el mapa de oferta cultural veraniega”, engadiron os seus compoñentes.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



