Ribadeo, 18 de agosto de 2023. O Río Breogán iniciará na vila ribadense a súa pretempada o vindeiro 30 de agosto. Será co Trofeo Concello de Ribadeo – Festas Patronais 2023, no que se medirá ao FC Porto. As entradas para asistir a este partido están á venda desde hoxe no pub Ribanzo e en Multitienda Teresa. O encontro dará comezo ás sete da tarde no pavillón municipal de Ribadeo. Na presentación do Trofeo, que tivo lugar no Parador de Turismo de Ribadeo, participaron o alcalde, Dani Vega, o director xeral do Breogán, Tito Díaz, o presidente da comisión de festas, Juan Luis López, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O rexedor tivo palabras de agradecemento para o traballo realizado pola comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo e tamén para o concelleiro e o técnico de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López, así como para o Parador de Turismo. Vega subliñou a importancia da celebración deste torneo internacional en Ribadeo a agradeceu a disposición do Río Breogán e do seu director xeral, Tito Díaz: “Tito moitas grazas por escoller este enclave que é Ribadeo, é a túa casa, é a casa do Río Breogán, a casa do FC Porto, … Entendemos que escollestes Ribadeo. Nosoutros querémosvos, pero vosoutros escollestes Ribadeo porque sodes uns enamorados profundos de Ribadeo. E agora o que tedes que facer é ser embaixadores de Ribadeo: onde vaiades, falar ben de Ribadeo, das súas xentes, do que temos en Ribadeo, que é moito”.
O alcalde subliñou: “dende logo, un profundo agradecemento por escoller as nosas instalacións, escoller Ribadeo e naquelo que nosoutros podamos imos colaborar, tanto desde o Concello co reforzo económico como tamén desde a Xunta de Galicia, que sempre é unha colaboradora importante nos eventos que ten Ribadeo”.
Para Vega “entre todos estamos facendo máis grande Ribadeo e poñendo a Ribadeo nese marco incomparable de eventos, de festivais, de visitas guiadas, de organizar grandes eventos culturais. En definitiva, Ribadeo é o referente, sen lugar a dúbidas, dentro da provincia é o concello que máis actividades está a celebrar”.
O director xeral do Río Breogán amosouse moi orgulloso de poder disputar este trofeo en Ribadeo: “estou súper orgulloso como director xeral do Breogán. Persoalmente porque Ribadeo é a miña segunda casa de sempre; para min é imposible falar mal de Ribadeo. Todo o contrario, sempre falo ben porque non me queda outra. En nome do Breogán tamén, porque o Breogán non é un club solo de Lugo, é o club da provincia de Lugo, que empeza na Mariña e chega ata a Ribeira Sacra. Hai moita xente de Ribadeo que ven ao baloncesto, houbo baloncesto toda a vida en Ribadeo, eu mesmo xoguei ao baloncesto aquí. O baloncesto vai unido a Ribadeo”.
Para Tito Díaz “recuperar un partido de primeiro nivel para Ribadeo, ademais nunha data tan importante como é o 30 de agosto (porque é período vacacional), traerá xente a Ribadeo e a xente que estea en Ribadeo poderá desfrutar dun espectáculo como o baloncesto. Trátase dun partido internacional de baloncesto, un partido no que o Breogán empeza a súa andadura nun ano histórico para nos porque volvemos a xogar en Europa; o Eurobreo, como se está a chamar. Estamos emocionadísimos de poder volver xogar en Europa e moi responsabilizados. Queremos facer unha boa tempada e para iso temos que facer unha boa pretempada. Empeza en Ribadeo e vai vir o mellor equipo que temos. Todos os xogadores teñen moitas ganas de empezar cunha vitoria”.
O director xeral do Breogán engadiu: “agradecer á comisión de festas que se preocupe polo baloncesto, ao Concello de Ribadeo, ao Parador Turismo. O Breogán está encantado de vir a Ribadeo e volverá sempre que nolo pidan”.
Pola súa banda, o presidente da comisión de festas, Juan Luis López, indicou: “simplemente agradecer al Concello por darnos ese apoyo y la oportunidad de traer este partido a Ribadeo. Es una idea que surgió después de tantos años sin celebrarse. Poder volver a traer al Breogán a un trofeo de las fiestas patronales es un orgullo para nosotros. Claramente agradecer al Bregoán, a Tito y por supuesto nombrar a Manolo, del Ribanzo, que fue la primera llave de unión que nos ayudó a gestionar esto. Si tenemos suerte podemos llenar Ribadeo con un partido internacional, un partido de nivel. Yo como aficionado al Breogán y al baloncesto estoy muy orgulloso de poder traer este partido. Espero que sirva como buen comienzo de pretemporada para que sea un año histórico”.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.


