Alfoz, 31 de agosto, 2023. O sábado 16 de setembro terá lugar esta actividade dentro das accións de promoción da Reserva da Biosfera Terras de Miño da que Alfoz forma parte.
Organízase unha saída ao campo interpretativa e de introdución á identificación de especies na que, ademais, se ensinarán boas prácticas do recolector, divulgando así cal é o uso e disfrute apropiado e sostible deste importante recurso. Ademais de identificar e colleitar, explicarase o valor dos fungos no medio natural e para os seres humanos.
Jesús Blanco García, micólogo e presidente da Asociación Amigos das setas Os Bolouros, colectivo que leva en activo desde 1978 difundindo o mundo dos cogomelos a través de numerosas colaboracións con centros educativos e concellos para dar a coñecer a micoloxía e fomentar un uso sostible do recurso, será o encargado de guiarnos nesta xornada.
Para rematar a xornada, levarase a cabo unha degustación gastronómica para os participantes na Cafetería da Casa da Cultura de Alfoz, onde tamén se poderá ver unha pequena exposición ou mostra de distintos exemplares de cogomelos que podemos atopar na nosa zona.
A saída será ás 16:30h desde a Casa do Concello de Alfoz, e é necesario inscribirse previamente desde o 4 de setembro no teléfono 982 558 001 (ext.3). As prazas son limitadas e ocuparanse por orde de solicitude.
A actividade é de balde. Recoméndase aos participantes levar calzado axeitado, navalla e cesta para a recollida de cogomelos.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.