Vérmonos como parte dunha sociedade é o lóxico, que temos asumido. Por suposto, hai e seguirá a haber diferenzas de todo tipo entre nós. Entre elas, o xeito no que miramos á sociedade á que pertencemos, ó noso pobo. Palabra esta, pobo, que pode aguantar dende un só lugar dunha aldea ata a humanidade enteira. Quizais por iso mesmo, por esa diferenza de escala á que pode ser usada, tendemos a xeneralizar cara a sociedades máis grandes, que controlamos menos, o que temos percibido e/ou asumido para sociedades máis pequenas, como a que se desenvolve a nivel pobo ou Galicia.
O anterior ven a conto do tema do declinar demográfico de Galicia, que leva xa tempo baixando de poboación. De xeito cada vez máis acusado, e a pesar mesmo da inmigración que non cesa. Ou da poboación de Ribadeo, que dende hai quince anos se mantén no entorno dos 10000 habitantes, cen arriba, ou máis ben cen abaixo. Aínda hai pouco falaba cun amigo do caso de vilas como Meira, que como núcleo urbano non perde poboación mentres se alimenta dun entorno que vai quedando baleiro. Cando chegue a un punto de baleirado do entorno meirense, que lle ha pasar á vila?
Pois a nivel mundial, con todas as diferencias de escala ou entorno, a cousa leva un camiño abondo semellante. Máis adiantado no tempo nalgúns lugares, máis atrasado noutros. Europa tiña, no ano 1950, máis de dúas veces a poboación de Africa. Cara a 1995, a poboación era semellante. E hoxe, África ten máis do dobre de poboación que Europa. Naturalmente, iso implica un cambio de importancia dunhas zonas respecto a outras, unha relación co medre económico, unha necesidade de recursos diferente, etc. Segundo diferentes estimacións, está previsto que a poboación mundial chegue a un máximo entre o 2060 e o 2090, acadando entre 9 e 10,5 mil millóns de persoas. Unhas variacións moi importantes en tempo e cantidade, que con seguridade serán revisadas múltiples veces aínda, pero que vemos como unha crise de poboación que engadir as outras de todo tipo que temos xa aquí ou que ollamos nun horizonte próximo.
Sei que os datos puntuais poden servir para testemuñar unha tendencia ou polo contrario, unha excepción, pero non deixa de ser curioso botar unha ollada sobre algún deles que podemos atopar en moitos lugares. Por exemplo, despois de séculos como o país máis poboado do mundo, a China remata de pasar a segunda posición, por tras da India. Máis de dúas décadas de política de ‘fillo único’ facíano inevitable dende hai tempo. Hoxe por hoxe, o terceiro país máis poboado son os Estados Unidos de América. En pouco máis de dúas xeracións, Nixeria, Paquistán ou o Congo (República Democrática do Congo) está previsto que teñan abonda máis xente que os EEUU. O que nos leva a outra curiosidade: nos próximos 20 anos, un de cada dous nacementos terá lugar en África. Por outra banda, a poboación será cada vez máis urbana. No 2025, a urbe máis poboada, Toquio, terá unha poboación de 3/4 da de España na actualidade. En 20 anos, está previsto que Bombai teña unha poboación equivalente ó 90 % da española actual. Uns 20 anos despois, Kinshasa superará á España actual en 10 millóns de persoas. Só para que,cara a fin de século, a capital de Nixeria, Lagos, acade unha poboación dobre que a que acubilla o estado español na actualidade. Poboación que daquela, abondo probable, será menor. Iso, como deixa a idea de que Madrid é unha gran cidade?
Costa traballo afacer a nosa mente a cambios así. É certo que escápanse ó noso control individual, pero tamén o é que nós, coas nosas actitudes e as nosas accións, entramos na fabricación desas proxeccións. Tanto para a súa confección como para sufrir ou desfrutar dese mundo que prevén. Queiramos ou non.


















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



