En Ribadeo, durante algún tempo, non se necesitará máis precisión para saber a que incendio nos estamos a referir: o que deixou 2326 hectáreas, máis de 23 quilómetros cadrados, calcinadas entre o xoves 12 e o sábado 14 de outubro de 2023.
A xente xa se esqueceu no día a día daquel outro que aló polos 90 do pasado século chegou a quencer as casas da Vilavella, ás portas da vila, do mesmo xeito que outros tampouco desprezables (se é que algún o é).
Non entro nin saio no xeito de medir esas hectáreas afectadas, que estimo poderían varían de xeito apreciable segundo o sistema aplicado. Mais pódese ver a ollo nu que non todas o foron por igual. Houbo lugares nos que o vento, en descenso pola ladeira, fixo que as lapas na súa tendencia a ascender, case se esqueceran das árbores, quedándose nas copas. E outros nos que, correndo ladeira arriba, calcinou ata o último recuncho. Houbo plantacións de eucaliptos noviños, máis baixos que os maiores dos arredores, que libraron do lume, aínda que foran nalgún momento rodeadas polas lapas dos outros máis altos.
Pódese aprender moito só con mirar pola estrada do monte a unha e outra beira. Como, despois de baixar polo Mondigo cara ó mar, o lume chegou ata o prado pero non pasou. Como saltou a autovía, espazo ben largo e libre de vexetación. Ou como a estrada non foi obstáculo en zonas onde as ramas dunha e outra beira chegaba mesmo a tocarse. Como, a pesar de toda a boa acción de bombeiros e veciños, coa relación 30 – 30 – 30 (30 km/h de velocidade do vento, que nalgúns momento se quedaron moi escasos, 30 ºC de temperatura, que non se chegaron a acadar, pero non faltou moito, e 30 % de humidade, á que por sorte tampouco se chegou) hai que esperar un milagre como a chuvia para deter o incendio no medio dun monte de eucaliptos. Ou como, á beira dos anteriores, árbores de determinadas outras especies poden quedar -e quedaron- intactos.
Lembremos: os incendios declaráronse en Trabada (5 focos non é un incendio, senón cinco incendios diferentes que logo se uniron) e pasaron a Ribadeo en menos de 12 horas, a un punto a unha distancia de algo menos de 3 km en liña recta. Acadaron lugares a uns 10 km de distancia, e mentres, chegaron a ter unha fronte duns 3 km. As 2326 Ha poden visualizarse concentradas como máis de 1/5 da superficie do concello de Ribadeo, ou como 1/8 da superficie conxunta dos dous concellos afectados, Ribadeo e Trabada. Para moita xente será mellor outra comparación: queimouse unhas 5000 veces a superficie de xogo do Pepe Barrera, o estadio de fútbol de Ribadeo.

















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



