Preto de 300 afiliados e afiliadas do PSdeG na provincia de Lugo asistiron ao encontro celebrado en Sigüeiro coa participación do Secretario Xeral e Presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez
Sigüeiro (Oroso), 17 de setembro de 2023. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, encabezou a delegación provincial de preto de 300 afiliados e afiliadas que participa este domingo en Sigüeiro, no municipio de Oroso, na XII Festa Socialista de Galicia. Un multitudinario encontro que contou coa presenza do Secretario Xeral e Presidente do Goberno de España en funcións, Pedro Sánchez.
Xunto a José Tomé, asistiron o Deputado no Congreso por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Senador César Mogo, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Secretaria Xeral de Organización na provincia e Alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, os deputados autonómicos Luis Álvarez e Patricia Otero, e numerosas alcaldesas e alcaldes de concellos lucenses, como os de Viveiro, María Loureiro; Burela, Carmela López; Trabada, Mayra García Bermúdez; Guitiriz, Marisol Morandeira; Vilalba; Elba Veleiro; Foz, Fran Cajoto; e Taboada, Roi Rigueira; ademais de voceiros e voceiras de todas as comarcas.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.


