O éxito da XXXV edición da Feira do Poldro e gando do monte, unha boa mostra das iniciativas e compromiso do concello co medio rural
Muras, 24 de setembro 2023. Neste fin de semana celebrouse en Muras a XXXV edición da Feira do Poldro e do gando de monte, con gran éxito de organización e participación con presenza de numerosas gandeirías de toda a contorna xa que esta Feira é unha referencia no norte galego en gando cabalar e de monte.
A feira, organizada polo concello e con importantes colaboracións de colectivos coma PURAGA e a Asociación Atila de amigos dos cabalos, de Muras, é Festa de Interese Turístico de Galicia “e cada ano sigue a medrar cuantitativa e cualitativamente, o cal é moi importante para o noso concello” afirmou o alcalde de Muras Manuel Requeixo, que xunto coas concelleiras do goberno Cristina Franco e Paula Gómez, na que recaeu o peso da organización, estiveron acompañados por unha representación do BNG, entre os que estaba o deputado no Parlamento Daniel Castro, o responsable comarcal Antonio Veiga, e o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo Daniel García, institución que desde esa área colabora todos os anos con esta feira.
Para o BNG, o medio rural, un sector estratéxico
Para o BNG son necesarias políticas específicas para o medio rural, porque son estratéxicas, son parte dun proxecto de ordenación do territorio que se tén que desenvolver para o conxunto do país e son esenciais para garantir un desenvolvemento sustentábel e harmónico do territorio. Afirman os nacionalistas que son necesarias tamén políticas coma as que desenvolve o Concello de Muras, que considera o medio rural un sector estratéxico e chave no desenvolvemento económico e social, con actuacións públicas que garanten servizos de calidade @s habitantes dun concello eminentemente rural como é o de Muras, en diverso eidos coma o educativo, o social, ou os beneficios pola explotación dos recursos enerxéticos.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



