O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, agarda “que se poida facer por fin esta obra, tanto pola súa importancia como polos esforzos feitos para que saia adiante polo Concello”
Burela, 15 de setembro de 2023. O Concello de Burela anuncia a licitación do proxecto para renovar as gradas do campo de futbol municipal, ubicado na zona deportiva A Marosa. A actuación contará cun orzamento de 413.689 euros.
O Goberno local de Burela aumentou o orzamento adicado a esta obra con respecto ás dúas anteriores licitacións da mesma, que non lograron prosperar. A primeira, porque a empresa á que se adxudicara a actuación retirárase do proxecto, e a segunda, por quedar deserta con motivo da crise provocada pola entón recente invasión rusa de Ucraína.
Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Obras, confía en que “se poida facer por fin esta obra, tanto pola súa importancia como polos esforzos feitos para que saia adiante polo Concello”.
Na mesma liña exprésase a alcaldesa, Carmela López, satisfeita “por un proxecto que mellorará unha instalación pública moi importante en Burela”.
“Houbo que refacer o proxecto, dotámolo de máis cartos, e agora, por fin sae a licitación; agardamos que desta volta haxa empresas interesadas”, precisou.
As gradas actuais do campo de fútbol municipal “teñen uns problemas estruturais moi graves que solventar, polo que se trata dunha obra moi importante; isto explica o esforzo económico que o concello investirá na mesma”, sinala Fernández Rey.
O concelleiro agarda “que as novas gradas duren moitos anos máis, para que poidamos ter as instalacións que lles corresponde a un equipo como a Sociedade Deportiva Burela”. “Continúa así o esforzo en renovar instalacións deportivas que leva facendo durante todos estes anos o Concello”, engade.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



