Dos 12 postos a disposición dos adxudicatarios, tan só manteñen a súa actividade 6, pero serán 5 a partires do día 30 de setembro; o que supón o 50% deste espazo construído entre 1925 e 1927 e de gran singularidade e relevancia económica, turística e comercial no ámbito do casco histórico
Viveiro, 25 de setembro de 2023. O Grupo Municipal de Viveiro pedirá no vindeiro pleno que o Concello se adhira ás próximas convocatorias e liñas de axuda ofertadas polas diferentes administracións a prol dos mercados e prazas de abastos, ademais de que se convoque e reserve unha partida económica nos presupostos de 2024 para o mantemento e mellora de servizos básicos en tanto non se executa un proxecto máis ambicioso. Así o adianta a voceira, Mariña Gueimunde, quen considera que “é absolutamente necesario manter este espazo dinamizador da economía local” e que existen executivos como a Xunta de Galicia que dispón de distintas liñas de actuación destinadas a este fin.
A praza de Abastos de Viveiro, antiga “pescadería”, é un dos bens inmobles de titularidade municipal máis representativos e con identidade histórica, arquitectónica, comercial e social da vila. Trátase dunha edificación construída entre os anos 1925 e 1927 e que leva dúas remodelacións importantes. A primeira, en 1929 e, a última, en 1994. Con todo, a estrutura exterior segue mantendo a estética primitiva. Ámbalas dúas supuxeron un cambio nos hábitos de hiexene e comodidade dos placeiros adaptándose á cambiante normativa e ás esixencias dos adxudicatarios e da súa clientela, cambios que, en palabras da popular, “a día de hoxe non son suficientes para manter un servizo e unha actividade que cremos que non deberiamos esquecer”.
Dos 12 postos a disposición dos adxudicatarios, manteñen a sua actividade 6 deles, pero serán 5 a partires do día 30 de setembro, o que supón un 50% de ocupación dun espazo que dende o Concello se debería potenciar pola súa singularidade e relevancia económica, turística e comercial no ámbito do casco histórico.
COLABORACIÓN DO GOBERNO GALEGO
A Xunta de Galicia pon a disposición dos Concellos unha liña de subvencións de concorrencia non competitiva, para o “impulso da Rede de MERCADOS EXCELENTES de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos” que supón a adecuación e a mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais e constitúe un elemento clave para o desenvolvemento do comercio. A orde que regula estas axudas sinala que as actuacións desenvolvidas polos entidades locais no ámbito comercial resultan imprescindibles e, moi especialmente, nos mercados municipais que teñen unha singular significación por constituír espazos de centralidade comercial que, a miúdo, teñen a capacidade de xerar actividades complementarias ao seu redor, ao tempo que constitúen unha canle de comercialización moi eficaz de produto fresco derivado do mar, da horta e da gandaría. “É preciso, polo tanto, renovar estes espazos en relación coas necesidades tanto dos/das comerciantes como das persoas consumidoras, desde o momento en que os mercados remodelados permiten consolidar unha forma de comercio de proximidade e a rexeneración dun contorno urbano das vilas e cidades. Agardamos así que o goberno local non dea as costas á nosa iniciativa e teña altura de miras solicitando estas axudas á administración autonómica”, remarca Gueimunde.
Por outra parte, é fundamental aproveitar a situación estratéxica dos mercados e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego de calidade, vencellándoos ao contorno en que se integran, ao produto local e a valores como a sustentabilidade, a protección do ambiente, a calidade, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade, así como mellorar a súa accesibilidade e acadar a súa modernización e dixitalización e incrementar os servizos que se prestan á clientela.
Do mesmo xeito, detalla a voceira do PP, a Axencia Galega para o desenvolvemento rural AGADER, ofrece outra liña de axuda destinada a “promover a rehabilitación e reforma de mercados municipais de produtos agroalimentarios”, considerando que a actividade comercial que neles se desenvolve é vital para a dinamización económica e social dos territorios, sendo, en moitos dos casos, un elemento aglutinador do pequeno comercio que os rodea.
“A Praza de Abastos de Viveiro necesita reformar e adaptar o seu espazo, mellorar as condicións de estética e salubridade e modernizar as instalacións para lograr que sexa funcional para o seu uso e atractivo para adxudicatarios e visitantes”, conclúen dende o PP.





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



