Ribadeo, 29 de setembro de 2023. O Concello prepara unha homenaxe a El Viejo Pancho, que terá lugar en xullo de 2024, coincidindo co centenario do seu pasamento. Coa cita colaborarán o Goberno uruguaio e tamén o consulado. No Pazo de Ibáñez o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, recibiron a Ramiro Rodríguez, o cónsul de Uruguai en Galicia co que abordaron esta cuestión.
O alcalde, Dani Vega, deulles á benvida ao cónsul e ao seu equipo: “nos alegramos de acoger al cónsul de Uruguay, Ramiro Rodríguez, lo recibimos con las manos abiertas, que sienta el abrazo profundo del pueblo de Ribadeo. Esa relación que tenemos con Uruguay y con todo Latinoamérica es profunda. Este pueblo es distinto en la arquitectura, no es típico en Lugo ver estas construcciones indianas y seguramente cuando llegasteis a Ribadeo recordasteis a Uruguay por este motivo”.
O rexedor dixo que “en Ribadeo sabemos acoger, porque nos acogieron siempre y eso es de destacar. Queremos que el cónsul y su equipo se sientan bien acogidos en Ribadeo, disfruten de este pueblo, que es acogedor”.
Vega anunciou que o Concello prepara unhas xornadas para lembrar a figura de El Viejo Pancho: “y nosotros, como gobierno local, estamos preparando unas jornadas para recordar al Viejo Pancho. Es bueno recordar a personas del calibre de este escritor y poeta. La programación la llevaremos a cabo en el año 2024, cuando se cumplan 100 años de su fallecimiento. La concejala de Cultura será la encargada de coordinar y diseñar estas jornadas en colaboración con todo el gobierno y con los técnicos municipales, con el gobierno de Uruguay y con usted, con el cónsul, y seguramente que vamos a recordar al Viejo Pancho de esa forma que hacemos los ribadenses, que es con cariño, con lealtad y siempre pensando en Ribadeo”.
Ramiro Rodríguez, cónsul de Uruguai, sinalou que “cada vez que venimos nos volvemos encantados porque, además de que es un preciosa ciudad, siempre sentimos el gran abrazo que nos transmitía el querido alcalde no solo del gobierno municipal sino también de la gente. Aquí siempre se está muy bien. Hay muchos elementos que unen a Ribadeo con Uruguay, la gigante figura del Viejo Pancho, Juana de Ibarburu, así que encantados de poder participar en esta conmemoración el año próximo de los 100 años del fallecimiento de Alonso y Trelles. Cuentan desde ya con nosotros y por nuestro intermedio también con las autoridades en Uruguay para trabajar para que sea un lindo acto y que sirva para reposicionar la figura del Viejo Pancho no solo aquí en Ribadeo sino también en Uruguay. Estas figuras hay que rescatarlas y darlas a conocer sobre todo a los más jóvenes”.
E engadiu: “tomamos sus cálidas palabras querido alcalde, seguiremos viniendo aquí una y otra vez, nos encanta Ribadeo, la Torre de los Moreno, la Isla Pancha… estamos encantados de estar aquí”. O cónsul de Uruguai asinou no libro de honra do Concello, onde aludiu aos lazos que unen a Ribadeo co seu país.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



