A deputada do BNG censura a política continuísta do novo conselleiro e acúsao de discriminar aos representantes do sector que son “molestos”
Santiago de Compostela, 12 de setembro, 2023. A deputada do BNG Rosana Pérez criticou hoxe a política continuísta do novo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a quen convidou en primeiro lugar a asumir a situación que atravesa o sector e a escoitar aos seus representantes, incluídos aqueles que lle resultan “molestos” e que aínda seguen esperando a ser atendidos polo novo conselleiro, “que nin sequera lles contesta”.
“Non basta con cambiar as caras, hai que cambiar a actitude”, suxeriulle a deputada a Villares, tras escoitalo nunha comparecencia a petición propia para dar conta da súa xestión. Referiuse, neste sentido, á polémica que se está a vivir na ría de Muros-Noia polas verteduras da mina de San Finx. “Todo o sector da ría pide a gritos que non manteñan o despropósito e o desatino que supón a mina e vostedes aínda veñen de conceder o vertido de augas en febreiro”, expuxo como exemplo de falta de diálogo. “É difícil chegar a puntos de encontro cando se nega sistemáticamente a realidade”, díxolle tamén durante a súa intervención no Pleno.
Rosana Pérez aproveitou a sesión de hoxe no Parlamento para advertir da “perda de produtividade alarmante e manifesta” nas rías galegas e urxiu ao conselleiro a actuar xa para poñerlle remedio cun plan estratéxico de recuperación e co orzamento preciso para a súa aplicación.
“Vostedes seguen actuando como se non pasara nada”, díxolle a deputada, quen lembrou que os datos que apuntan dende hai anos a unha preocupante falta de produción, datos “que non inventa o BNG” senón que saen de organismos da propia consellería, como Pesca de Galicia, ou do INE. “Nos últimos anos a produción vai a menos, perdemos buques, perdemos Permex e perdemos postos de traballo”, advertiu Rosana Pérez que, tras escoitar ao novo conselleiro, concluíu que nada vai cambiar nas políticas de Mar do Goberno galego.
A deputada nacionalista criticou tamén a falta de execución dos orzamentos da Consellería, como sucedeu no 2022, ano con 197 millóns de euros “dos que quedaron sen executar case cincuenta”. “O sector ten un problemática inmensa que non lle caeu do ceo nin lle viñeron dados por unha maldición bíblica, senón que son resultados de malas decisión, horribles nalgúns casos, que tomaron as administracións, tamén a Xunta”, argumentou para instar a continuación ao representante do Goberno do PP a tomar medidas e a non presumir só de ter os orzamentos máis altos da historia da Consellería. “Tamén son históricos na falta de execución”, agregou.
A representante do BNG criticou tamén a pasividade da Consellería do Mar para facer valer os intereses de Galiza ante a Unión Europea e, neste, sentido, criticou que non se teñan cumprido os acordos do Parlamento para aumentar o peso de Galiza nas negociacións coa Unión Europea no relativo á pesca. “En decembro asistiremos de novo ao paripé de negociación dos TACs e cotas en Europa, cun conselleiro que vai quedar na antesala da sala onde se negocia e onde efectivamente se corta o bacallau”, anticipou.
A mesma falta de determinación observou Rosana Pérez nas negociacións co Goberno do Estado. Neste punto, referiuse aos plans para a enerxía eólica, reprochando á Consellería que “non foron capaz nin sequera de deixar claro nas súas alegacións que a actividade pesqueira ten que constar como de interese prioritario”.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



