A pasada semana vin nun medio de prensa que o RCM (Real Casino de Madrid), ‘en cumprimento da lei’ substituíu dúas efixies de Francisco Franco e José Sanjurjo, é dicir, do Xeneralísimo e do Xeneral Sanjurjo, por outras dúas, do Rei Juan Carlos I e Dona Sofía, é dicir, do hoxe Rei Emérito e a Raíña Consorte.
Nun momento fíxoseme evidente que:
a) Dita institución leva incumprido a lei demasiado tempo, sen consecuencia ata o momento, e pretende burlar o espírito da lei de agora en diante.
b) Levan, na súa mentalidade histórica, ao menos unha xeración de retardo, esquivando polo momento a xeración actual.
c) A institución segue ‘nas trece’, é dicir, sen intención de cambiar o fundamental. Todo o máis, detalles cosméticos, e de xeito forzado. Ou sexa, unha versión daquel dito, ‘cambiar todo para que nada cambie’, que á vista de hoxe parece o fondo no que se realizou a instauración da democracia en España.
A partir do anterior, pódense facer algunhas consideracións, ou mesmo sinxelamente ollar algún punto con máis detalle.
Así, que o título dun casino sexa ‘Real’ pode dar literalmente moito xogo. Se collemos as tres primeiras acepcións da palabra ‘casino’ no dicionario da lingua española (na que estaba escrito o artigo e a que usan no RCM), atopamos “1. m. Local destinado a la práctica de juegos de azar, donde en ocasiones también se ofrecen espectáculos, conciertos, bailes u otras diversiones. 2. m. club (‖ sociedad de recreo). 3. m. Asociación formada por los adeptos a un partido político o por personas de una misma clase o condición”. É dicir, por se non se fixera patente, a entidade sería unha sociedade asociada ó xogo, un clube de diversión para políticos ou persoas, ‘de clase’. Xente que, á vista do nome, tería un certo vínculo coa realeza. Aínda así, antes de verse legalmente forzados ó cambio, as efixies de consideración eran Franco e Sanjurjo. Coido que a explicación é lóxica: non foron reis, pero propiciaron a rebelión contra a República, que rematou traendo de novo a monarquía.
Coas novas efixies, o título de ‘Real’ vaille mellor, pero o feito de que sexa ‘para cumprir a legalidade’ parece indicar que se leva ese título é porque o de ‘Xeneral’ non é unha palabra que se use no nome dunha institución máis que indicando outra cousa distinta, a xeneralidade, e non deron atopado outra palabra que lle fora ben e non desentoara coa clase.
Cabe preguntarse canto tempo pasará agora, que non teñen unha obriga legal para o cambio, para que substitúan as novas efixies por outras máis actuais (xa non digo para cambialas por outras que representen a xente doutro tipo, como Gandhi ou Severo Ochoa, por citar dúas posibilidades que imaxino moi lonxe).
Cambio ese, claro, que hai que asociar coa mentalidade de cambiar o apoio do Rei Emérito ó Rei ‘a secas’ ou máis aló.
























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



