Alfoz, 28 de outubro, 2023. Despois duns meses de adaptación ás funcións do goberno, nas que o traballo e a solución de incidencias foi a tónica habitual, chegou o momento de pensar tamén na estruturación interna do partido. Con esta finalidade, celebrouse a IV Asamblea Xeral de VIA na que se plantexou una nova formación para a Xunta Directiva. Coa incorporación de novos membros e a modificación dalgúns cargos preténdese acadar un reparto das tarefas o máis equilibrado posible.
En canto ás incorporacións, VIA ten a honra de presentar a Judit Casabella Pardeiro, Iria Braña López e Yahel Rodríguez Rubal, que se engaden á andadura da Xunta Directiva para dar continuidade ás iniciativas do partido con ilusión e moitas ganas de aportar o seu coñecemento e traballo.
Judit, actual membro do goberno de Alfoz en calidade de Concelleira de Desenvolvemento Local, terá deste xeito a vogalía de Medio Rural dentro da Xunta Directiva, que se corresponde parcialmente coas súas funcións no concello. Pola súa parte, Iria entra para tomar o cargo de Secretaria, no que a súa experiencia a nivel documental e organizativa será un gran valor para o equipo. Yahel, pola súa banda, farase cargo da vogalía de Participación, na que será clave a súa actitude activa e as ganas que trae de transmitila.
En canto ao cargo de Presidencia, ata o momento estivo asignado a Efigenia Maseda Paz, a cal se converteu recentemente na primeira Alcaldesa de Alfoz. Libérase por tanto deste cargo na Xunta Directiva para que poda centrarse nas súas tarefas de goberno, e pasará a ser vogal de Acción Social. O cargo de Presidente será recollido nesta ocasión por Xabier Pardiñas Suárez, nun xusto recoñecemento á súa labor dentro de VIA, desde a súa fundación e en cada un dos pasos, como pilar fundamental do partido.
O cargo de Vicepresidencia tamén cambiará de mans e pasará a ser función de Fernanda Casabella Méndez, no que o seu coñecemento do concello e proximidade ao pobo que exercerá un gran apoio á labor de presidencia. A Tesorería continua a cargo de Pablo Maseda Rubal, no que a súa labor e rigurosidade é inigualable, polo que non se pode senón agradecer, e que complementa coa vogalía de Economía.
O resto das vogalías repártense do seguinte xeito: Para Eliseo Lorenzo García, actual 2º Tenente de alcalde e Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, que na xunta será vogal de Educación e Deportes. Para José Luís Cascudo Cascudo a vogalía de Obras Públicas, e para Daniel Pérez Pardiñas a vogalía de Innovación e Comunicación.
Cérrase desta forma a lista de cargos da nova Xunta Directiva de VIA, quedando aprobada por unanimidade esta nova configuración na Asamblea Xeral celebrada o sábado 28 pola mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Dende a nova presidencia preténdese que “esta renovada Xunta Directiva permita distribuir as tarefas de xeito que, desde VIA, podamos centrar os nosos esforzos en facer as cousas que prometimos e as que levamos tempo pedindo”.
Despois da asamblea, tódolos asistentes celebraron o novo acordo cunha comida de irmandade.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



