Alfonso Villares reclama unha rectificación que devolva a capacidade de tomar as decisións que afectan ao desenvolvemento sustentable da súa costa e caladoiros á comunidade autónoma, como reclama cada vez con voz máis alta o sector
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2023. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participaron hoxe no Acto pola protección do sector pesqueiro, marisqueiro e da cadea mar-industria e en defensa do litoral galego, un encontro que reuniu na Cidade da Cultura de Santiago a un centenar de representantes de todos os ámbitos da actividade produtiva vinculada ao mar. Confrarías de pescadores, industrias transformadoras e conserveiras, depuradores de mariscos, bateeiros, armadores e responsables da patronal galega congregáronse no Edificio Fontán do Gaiás para defender, todos a unha, que Galicia debe ter a potestade de decidir sobre a súa costa.
No encontro, onde se deu lectura a un manifesto onde o conxunto da actividade se lamenta do lesivo recurso ante o Tribunal Constitucional contra a Lei do litoral de Galicia. Unha decisión que provoca inseguridade xurídica e pon en risco a actividade, o emprego, servizos e mesmo a nas localidades costeiras galegas, ademais de paralizar obras de saneamento e poñer en perigos distintos tipos de servizos.
Ángeles Vázquez defendeu a Lei do litoral galega como unha norma “que non vai contra ninguén”, unha lei “boa” e que busca garantir unha xestión integrada do dominio público marítimo-terrestre que ofreza “seguridade xurídica” ás actividades estratéxicas ao tempo que preserva os seus valores, polo que lamentou a negativa do Estado a dialogar coa Xunta sobre a norma, antes e despois da súa aprobación.
Así e tras anunciar o pasado 10 de outubro que recorrería a norma galega ante a Xustiza, a vicepresidenta censurou a falta de “transparencia” demostrada unha vez máis polo Executivo central que, segundo dixo, nin sequera comunicou ao Consello de Estado a súa decisión de presentar o recurso, tal e como lle confirmou esta semana por carta á Xunta o propio organismo estatal.
Por todo o exposto, Vázquez Mejuto resaltou a importancia do manifesto presentado hoxe en defensa dun sector “clave” para a comunidade e do litoral galego no seu conxunto, unha “fronte común” necesaria, engadiu, para facer que se escoite en Madrid “a voz do mar” e deixar claro que “con Galicia e a súa costa non se xoga”.
Pola súa banda, Alfonso Villares argumentou ningunha outra iniciativa lexislativa sitúa “á pesca, marisqueo ou miticultura cun nivel de protección tan alto como fai a norma galega”. O titular de Mar recordou que recoñecía estas actividades como “estratéxicas e prioritarias”, algo que gañou relevancia despois de constatar como se aprobaron os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) polo Goberno central: sen diálogo ningún coas comunidades autónomas nin cos sectores implicados.
O conselleiro do Mar considera que esa é a clave de que a cadea mar-industria depositase toda a súa confianza na aprobación, o pasado 6 de xullo, da Lei do litoral de Galicia, a Loxilga, pois a norma autonómica, agora en suspenso, recoñece con total claridade o uso pesqueiro, marisqueiro e acuícola como “estratéxico e prioritario” para o desenvolvemento sustentable do litoral.
Tamén se sumou Alfonso Villares á mensaxe de que desde o Goberno central en funcións non poden deixar de escoitar o clamor que medra cada día máis en Galicia en defensa do seu sector produtivo e do seu litoral, instando novamente a rectificar, dar marcha atrás e permitir que Galicia tome o temón das súas competencias sobre a costa e os caladoiros.
Por parte do mundo do mar os encargados de transmitir as inquedanzas deste conxunto de actividades foron o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez Sieira, e a presidenta da Comisión Mar-Industria da patronal autonómica (CEG), Isabel Cañas. No manifesto que leron entre os dous deféndese o valor fundamental do sector marítimo-pesqueiro para Galicia, unha actividade estratéxica que sustenta máis de corenta mil empregos e xeran nove mil millóns de euros de actividade produtiva, cun peso que non ten parangón nin no resto de España nin no conxunto da UE.
Presencia de todas as actividades
O manifesto asinado hoxe foi subscrito por distintas entidades da cadea mar-industria de Galicia e preténdese que se estenda entre moitas máis, co obxectivo de conformar unha forte fronte común na defensa do litoral galego e de que as decisións sobre este ámbito se podan tomar desde a comunidade autónoma.
No acto en Santiago estaban os máximos responsables da federación galega e das tres federacións provinciais de confrarías de pescadores, así como decenas de patrons maiores e membros dos cabildos dos pósitos; a cúpula de Anfaco-Cecopesca e da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI); de Pescagalicia-Arpega; Amegrove; da Asociación de Empresarios Depuradores de Moluscos (Agade); os palangreiros de Orpagu; a Asociación de produtores de Rodaballo de Galicia (Aroga); a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca); as redeiras de O Peirao; a Sociedade Cooperativa Santa Uxía de Ribeira; a Federación Galega da Construción (Fegacons); e os responsables da maioría dos grupos de accións locais en pesca (GALP), entre outros colectivos e empresas.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



